
A plataforma A Ría non se Vende organiza para os próximos días 11, 12, 13 e 14 de Outubro, uns roteiros pola ría de Vigo, para protestar pola situación actual de grave impacto medioambiental e que os participantes poidan avaliar o seu futuro insitu.
Programa do "Roteiro en defensa da Ría de Vigo" Do 11 ó 14 de outubro de 2007
Día 11: MOAÑA – CANGAS. Saída da Estación Marítima de Moaña ás 17:00 horas. Percorreremos a costa ata chegar a Cangas e rematará no Salgueirón (Massó) arredor das 20:00. Será guiado e comentado por Cándido Martínez do colectivo Luita Verde. Como fin de etapa celebraremos, cunha pequena gran festa, os dous anos (recentemente compridos) da resistencia contra a urbanización e o porto deportivo de Massó.
Día 12: VILABOA – REDONDELA. Saída de Vilaboa (marquesina Mercamueble) ás 12:00 horas, para chegar a Arcade sobre as 14:00. Alí farase unha parada para xantar, partindo de novo desde o porto de Arcade para chegar a Redondela a tardiña.
Día 13: REDONDELA – A GUÍA. Saída ás 11:00 horas desde debaixo da ponte de Rande. Tras pasar por Aucosa, Frioya e Pescanova chegaremos á ETEA, para seguir polo cortalumes usurpado polo porto deportivo ata chegar a Punta Lagoa sobre as 14:30. Comida festiva vexetariana e de confraternidade organizada pol@s compañeir@s do Centro Social autoxestionado Caleidoskopio.
Día 14: BOUZAS – MONTEFERRO. Saída ás 10:00 horas desde a praia do Adro, Bouzas, para chegar sobre as 13:45 á praia das Canas en Nigrán. Alí seremos recibidos por grupos de gaiteiros, percusionistas, malabares e outras xentes de mal vivir para subir tod@s xuntos, en gran rebumbio, ata Monteferro onde comeremos. Cada quen leve o seu xantar. Se o tempo é malo temos reservado o pavillón de deportes de Panxón para seguir a festa ata a tardiña.
CONVOCA: A RÍA NON SE VENDE
Foro Social de Cangas, Luita Verde, Plataforma Defensa Enseada San Simón, OARedondela, Verdegaia, Voces polo Litoral Teis, CS A Revolta, CS Faísca, Salvemos Monteferro, Bouzas Móvete, GAS Vigo, Caleidoskopio.
Para ler o informe realizado pola Ría Non se Vende:
informe_pontos_negros1