Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Monteferro acollerá hoxe domingo a chegada do roteiro pola defensa da ría
Monteferro acollerá hoxe domingo a chegada do roteiro pola defensa da ría PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 09-10-2007

Visitas : 393


ImageA plataforma A Ría non se Vende organiza para os próximos días 11, 12, 13 e 14 de Outubro, uns roteiros pola ría de Vigo, para protestar pola situación actual de grave impacto medioambiental e que os participantes poidan avaliar o seu futuro insitu.

 Programa do "Roteiro en defensa da Ría de Vigo" Do 11 ó 14 de outubro de 2007

Día 11: MOAÑA – CANGAS. Saída da Estación Marítima de Moaña ás 17:00 horas. Percorreremos a costa ata chegar a Cangas e rematará no Salgueirón (Massó) arredor das 20:00. Será guiado e comentado por Cándido Martínez do colectivo Luita Verde. Como fin de etapa celebraremos, cunha pequena gran festa, os dous anos (recentemente compridos) da resistencia contra a urbanización e o porto deportivo de Massó.

Día 12: VILABOA – REDONDELA. Saída de Vilaboa (marquesina Mercamueble) ás 12:00 horas, para chegar a Arcade sobre as 14:00. Alí farase unha parada para xantar, partindo de novo desde o porto de Arcade para chegar a Redondela a tardiña.

 Día 13: REDONDELA – A GUÍA. Saída ás 11:00 horas desde debaixo da ponte de Rande. Tras pasar por Aucosa, Frioya e Pescanova chegaremos á ETEA, para seguir polo cortalumes usurpado polo porto deportivo ata chegar a Punta Lagoa sobre as 14:30. Comida festiva vexetariana e de confraternidade organizada pol@s compañeir@s do Centro Social autoxestionado Caleidoskopio.

Día 14: BOUZAS – MONTEFERRO. Saída ás 10:00 horas desde a praia do Adro, Bouzas, para chegar sobre as 13:45 á praia das Canas en Nigrán. Alí seremos recibidos por grupos de gaiteiros, percusionistas, malabares e outras xentes de mal vivir para subir tod@s xuntos, en gran rebumbio, ata Monteferro onde comeremos. Cada quen leve o seu xantar. Se o tempo é malo temos reservado o pavillón de deportes de Panxón para seguir a festa ata a tardiña.

CONVOCA: A RÍA NON SE VENDE

Foro Social de Cangas, Luita Verde, Plataforma Defensa Enseada San Simón, OARedondela, Verdegaia, Voces polo Litoral Teis, CS A Revolta, CS Faísca, Salvemos Monteferro, Bouzas Móvete, GAS Vigo, Caleidoskopio.

Para ler o informe realizado pola Ría Non se Vende:

informe_pontos_negros1




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa