O Concello de Gondomar abordará o problema existente pola invasión do gando salvaxe en leiras particulares e nas estradas do Concello.A corporación aprobou no último pleno unha proposta de Move Gondomar para instar á Xunta de Galicia a colaborar co Concello na procura dunha solución.
O problema dos animais nos montes e que invaden as propiedades e a consecuencia da falla de organización dos montes, e o pouco interés que tanto a adminsitración como as comunidades de montes poñen no seu empeño. E dende logo ssempre hai os aproveitados ( propietarios dos animais) que se aproveitan da situación.. Algo parecido ocorre co uso do monte por parte dos usuarios de veiculos motorizados, que o que fan e deteriorar o entorno natural e sin que neste caso non haxa nadie que tome medidas.
Hai que regular o uso do monte e rematar cos abusos dalgúns que só pensan no monte para sacr beneficio, custe o que custe ao equlibrio ecolóxico e a sociedade en xeral.
As vacas non son gando salvaxe. Viven no monte por que alguén as ceiba para aforrarlle o traballo de telas estabuladas. Hai persoas que teñen un grande número de vacas sin ter terreo para coidalas. ë moito máis cómodo ceibalas e que se alimenten polas leiras dos veciños que telas na túa leira e preocuparte delas. Xa vai sendo hora de organizar o funcionamento do noso monte e pór a cada un no seu sitio.Os comuneiros deixan que o monte se inze de eucaliptos e despois queremos facelo compatible co pasto para o gando sen preocuparnos de coidar o monte. Hai que racionalizar e deixarse de ista anarquía na que cada un fai o que lle peta e parece que só se teñen dereitos e nengún deber.
opinión
Escrito por: un veciño (Invitado) o 17-10-2007