Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Un milleiro de sinaturas e medio cento de excursionistas, contra o parque eólico
Un milleiro de sinaturas e medio cento de excursionistas, contra o parque eólico PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Faro de Vigo, o 09-10-2007

Visitas : 842


A plataforma SOS Serra da Groba acadou esta fin de semana un milleiro de sinaturas contra o parque eólico Albariño I previsto nos montes dos municipios de Baiona, Oia e Tomiño. A agrupación recolleu firmas ó longo das xornadas do sábado e do domingo no paseo Ribeira e organizou un roteiro polo entorno afectado pola instalación dos 21 muíños de vento no que participaron medio cento de persoas.
Os "excursionistas" contra o parque eólico xuntáronse en Sabarís ás once da mañá e pasaron o día en distintos lugares da Serra da Groba, onde os directivos da plataforma lles explicaron a importancia ecolóxica e patrimonial do entorno. Os participantes coñeceron por parte dos dirixentes do colectivo as consecuencias que os muíños poden producir sobre a vexetación, a fauna -máis de 2.500 cabalos galegos, entre outras especies-. os xacementos arqueolóxicos e, por suposto, a paisaxe.

SOS Serra da Groba manterá as súas reivindicacións con novas recollidas de firmas, reunións con diversos representantes políticos, e difusión de información respecto á riqueza dos montes do entorno e das afeccións dos parques eólicos.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?