Desta vez achegámonos a dous videos de contido contrastante, pero cun nexo común, e é que os dous tratan sobre a música.
O primeiro poderíamolo definir como unha ilusión auditiva, semellante ó que fora noutro momento o famoso "olla máxico", pero enfocado no sentido auditivo. As instruccións para o visionado deste video son moi sinxelas, hay que darlle o "play" e escoitar a progresión melódica, tan pronto remate voltamos darlle a reproducir e curiosamente as notas que escoitamos desta vez non parecen as mesmas da primeira escoita, é dicir, coma se cambiase a tonalidade.
O segundo video é un mini documental sobre a música e os músicos da rúa na cidade de Barcelona. Non digo mais so fagamos unha reflexión sobre o difícil de acceder á cultura incluso o ar libre.
Representantes das editoriais Kalandraka e Faktoría K atópanse na cidade chinesa de Tianjin para participar nunha nova edición da Feira Internacional do Libro de China...
Davida e Kalosú, dous dos membros do colectivo vigués Fuck Cómics, acaban de iniciar a súa colaboración co portal Novaxove.com, de Caixanova. Os dous autores...