
Invasión das marxes fluviais do río Muiños.
O alcalde de Nigrán e os concellais de urbanismo e medioambiente, reuníronse recentemente cós responsables de Zona Franca para instarlles ao cumprimento estricto das obras do proxecto de explanación no parque empresarial de Porto do Molle.
O concello de Nigrán considera que o proxecto de urbanizacion de Porto do Molle presenta diferencias significativas respecto do Plan de Sectorización.
O alcalde de Nigrán e os concellais de urbanismo e medioambiente, reuníronse recentemente cós responsables de Zona Franca para instarlles ao cumprimento estricto das obras do proxecto de explanación no parque empresarial de Porto do Molle. O concello de Nigrán considera que o proxecto de urbanizacion de Porto do Molle presenta diferencias significativas respecto do Plan de Sectorización.
Este documento, de rango superior ao primeiro, esixe a coincidencia con el de todos aqueles documentos de rango inferior como o Proxecto de esplanación e o Proxecto de urbanización. Esta falta de coincidencia xustifica a interposición de contenciosos administrativos, como así está sucedendo por parte dos colectivos veciñais.
Unhas obras iniciadas sen control
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, colleu as riendas de seguimento das obras de Porto do Molle logo de que as obras se iniciasen sen control por parte do goberno anterior. As alegacións presentadas durante o mandato anterior ao proxecto de urbanización non ían máis alá de diferencias nas farolas e nas beirarúas. O seu informe choca frontalmente co informe presentado polas asociacións de veciños onde demostra un perigo real de inundación, e a falta de capacidade do río para evacuar as aguas recollidas do millón de metros cadrados que ocupa Porto do Molle soterrando un humidal que actuaba como esponxa das augas pluviais.
Escolleras de protección, invasións do cauce do río Muiños, alteriacións de curso fluvial, deficiencias na previsión de cálculo de consumo de auga potable, incumprimento da distancia de proteción do marxe do río, aterramento de neumáticos e materiais tóxicos como lixiviados, incoherencias nos viais proxectados, ..son algunhas das deficiencias que o novo goberno instou solucionar a Zona Franca.
Unhas deficiencias caprichosas.
Zona Franca négase a correxir moitas destas deficiencias denunciadas dende fai meses tanto polo concello como polas asociacións de veciños. Zona Franca considera que as deficinecias responden a "caprichos" do novo goberno municipal e non considera necesario facer ningunha corrección. Zona Franca considera tamén que e as modificacións e desviós sobre os proxectos aprobados son normais neste tipo de actuacións e contan sempre cos apoios dos respectivos concellos.
O concello mostrou a súa negativa a Zona Franca de permitir irregularidades na execución de Porto do Molle porque consideran unha irresponsabilidade de cara ao seu compromiso de velar pola legalidade e garantir a súa seguridade.
Non imos permitir nin chapuzas nin ilegalidades en ningunha actuación no concello. Esa é unha das cousas que viñemos cumprir cando asumimos os nosos cargos e o noso comprimiso cós veciños e veciñas de Nigrán" asegura Juan Hermida.
Ante esta situación e a poucos días de rematar o prazo para que o concello se pronuncie sobre o proxecto de urbanización o concello comunicou a Zona Franca o mércores pasado a lista de esixencias que deberan comunicar si van ou non a acometer. En caso afirmativo, o concello dará un prazo a Zona Franca para realizala, en caso negativo o concello o requerirá formalmente por escrito. Así dentro do prazo legal o concello pronunciarase sobre o proxecto de urbanización e sobre as alegacións presentadas.
falar por falar
Escrito por: Marcos Pereira (Invitado) o 03-12-2007