Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Especiais arrow Esteiro da Foz arrow O concello insta a Zona Franca o cumprimento estricto do proxecto e a subsanación das deficiencias
O concello insta a Zona Franca o cumprimento estricto do proxecto e a subsanación das deficiencias PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 15-10-2007

Visitas : 680


Invasión das marxes fluviais do río Muiños.
Invasión das marxes fluviais do río Muiños.
O alcalde de Nigrán e os concellais de urbanismo e medioambiente, reuníronse recentemente cós responsables de Zona Franca para instarlles ao cumprimento estricto das obras do proxecto de explanación no parque empresarial de Porto do Molle.

O concello de Nigrán considera que o proxecto de urbanizacion de Porto do Molle presenta diferencias significativas respecto do Plan de Sectorización.

O alcalde de Nigrán e os concellais de urbanismo e medioambiente, reuníronse recentemente cós responsables de Zona Franca para instarlles ao cumprimento estricto das obras do proxecto de explanación no parque empresarial de Porto do Molle. O concello de Nigrán considera que o proxecto de urbanizacion de Porto do Molle presenta diferencias significativas respecto do Plan de Sectorización.

Este documento, de rango superior ao primeiro, esixe a coincidencia con el de todos aqueles documentos de rango inferior como o Proxecto de esplanación e o Proxecto de urbanización. Esta falta de coincidencia xustifica a interposición de contenciosos administrativos, como así está sucedendo por parte dos colectivos veciñais.

Unhas obras iniciadas sen control

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, colleu as riendas de seguimento das obras de Porto do Molle logo de que as obras se iniciasen sen control por parte do goberno anterior. As alegacións presentadas durante o mandato anterior ao proxecto de urbanización non ían máis alá de diferencias nas farolas e nas beirarúas. O seu informe choca frontalmente co informe presentado polas asociacións de veciños onde demostra un perigo real de inundación, e a falta de capacidade do río para evacuar as aguas recollidas do millón de metros cadrados que ocupa Porto do Molle soterrando un humidal que actuaba como esponxa das augas pluviais. 

Escolleras de protección, invasións do cauce do río Muiños, alteriacións de curso fluvial, deficiencias na previsión de cálculo de consumo de auga potable, incumprimento da distancia de proteción do marxe do río, aterramento de neumáticos e materiais tóxicos como lixiviados, incoherencias nos viais proxectados, ..son algunhas das deficiencias que o novo goberno instou solucionar a Zona Franca.

Unhas deficiencias caprichosas.

Zona Franca négase a correxir moitas destas deficiencias denunciadas dende fai meses tanto polo concello como polas asociacións de veciños. Zona Franca considera que as deficinecias responden a "caprichos" do novo goberno municipal e non considera necesario facer ningunha corrección. Zona Franca considera tamén que e as modificacións e desviós sobre os proxectos aprobados son normais neste tipo de actuacións e contan sempre cos apoios dos respectivos concellos.

O concello mostrou a súa negativa a Zona Franca de permitir irregularidades na execución de Porto do Molle porque consideran unha irresponsabilidade de cara ao seu compromiso de velar pola legalidade e garantir a súa seguridade.

Non imos permitir nin chapuzas nin ilegalidades en ningunha actuación no concello. Esa é unha das cousas que viñemos cumprir cando asumimos os nosos cargos e o noso comprimiso cós veciños e veciñas de Nigrán" asegura Juan Hermida.

 Ante esta situación e a poucos días de rematar o prazo para que o concello se pronuncie sobre o proxecto de urbanización o concello comunicou a Zona Franca o mércores pasado a lista de esixencias que deberan comunicar si van ou non a acometer. En caso afirmativo, o concello dará un prazo a Zona Franca para realizala, en caso negativo o concello o requerirá formalmente por escrito. Así dentro do prazo legal o concello pronunciarase sobre o proxecto de urbanización e sobre as alegacións presentadas.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

falar por falar

Escrito por: Marcos Pereira (Invitado) o 03-12-2007

falar por falar

Escrito por: Marcos Pereira (Invitado ) o 03-12-2007

Meu, eu coido que estás mentindo ou mezclando cousas. Aprobouse coa benia do alcalde e a abstencion do BNG. E o único que dixo manifesta e claramente que está en contra de todo isto é o concellal de Medio Ambiente. Non sei se lle cortarían os .... como ti dis. Pero que os ten para dicir claramente que NON, eso é seguro. E sen ambigüidades como outros.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: o meu (Invitado) o 03-12-2007

...

Escrito por: o meu (Invitado ) o 03-12-2007

pero cales son as chapuzas que non van permitir se xa as estan permitindo, dende que os tecnicos dos estudos dos colectivos veciñais lle dixeron que habia que paralizar as obras da forma que as estaban levando a cabo zona franca e palabras ditas por Juan eu eso non o podo decir ou facer porque me cortan o.... e xa se veu agora o final firmaron o proxeto de urbanizacion con irregularidades ou sen elas, claro que pola banda deles non as hai ou caseque non as hai. 
vaia home se foran tomar vento

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa