Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 09/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Os nomes do mar
Os nomes do mar PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 16-10-2007

Visitas : 437


 
Exposición no colexio de Sabarís
Exposición no colexio de Sabarís
A sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixida por Pilar Barreiro Vilas vén de instalar no Colexio Público de Sabarís a exposición Os nomes do mar elaborada con materiais da recolleita de campo realizada por membros do IEM  e co traballo didáctico do Colexio Público de Camos merecente do Premio de Proxectos Didácticos Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego. A súa instalación foron convidados mestres e mestras dos distintos colexios do Val Miñor para ofrecerlles  a exposición á vez que se lles explicou o proceso do traballo pedagóxico coa toponimia e a súa aplicación didáctica na escola. A experiencia didáctica parte do labor desenvolvido na aula con mapas, cartas náuticas, fotografías aéreas, recollida de campo e entrevistas con persoas maiores coñecedoras do mar e da terra. Tamén se lles explicou o funcionamento de diversos xogos toponímicos presentes na exposición e que perseguen unha función de divertimento. Ao tempo expúxose a aplicación ao currículo escolar en distintas materias que van desde a lingua galega ate os traballos manuais pasando polo coñecemento do medio.

A sección de Recursos Didácticos do Instituto de Estudos Miñoranos pon a disposición de todos os Colexios do Val Miñor esta exposición así como o asesoramento para o seu pleno aproveitamento. Os colexios interesados poden poñerse en contacto co IEM a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou ben no 680 644 490.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa