Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

12 10/08
Portada arrow Canais arrow Trebellos arrow Comeza unha nova edición de Contomar
Comeza unha nova edición de Contomar PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 16-10-2007

Visitas : 498


Portada do conto da xoaniña rosmona .
Portada do conto da xoaniña rosmona .
As sesións terán lugar todos os luns ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. A Asociación de Nais e Pais "As Pontes", do CRA Antía Cal de Gondomar, retomou onte o proxecto de dinamización lectora CONTOMAR que inclúe, entre outras actividades, unha sesión semanal de contacontos para nenos e nenas de máis de tres anos na Biblioteca Muncipal.

A primeira sesión deste curso, que se celebrou onte levou por título "Pasámolo ben, pero temos normas" e incluíu, ademais dun repaso das normas de uso da biblioteca, contos que trataban da importancia de mantermos comportamentos respectuosos, solidarios e amables cara aos demais como "A xoaniña rosmona", "Eduardo, o neno máis terrible do mundo", "O poliño da abelaira", "A casa dos gatos" ou "O sorriso de Daniela".

A actividade de promoción da lectura "Contomar" chega así á súa terceira tempada nun esforzo por ofrecer en Gondomar un espazo estable e educativo de encontro cos contos e coa lectura e por fomentar nos nenos e nenas o hábito de acudir á biblioteca pública. Ademais das sesións semanais de contacontos a cargo dun grupo de nais e pais, o proxecto incluirá tamén, como en anos anteriores, actuacións especiais e encontros con autores e ilustradores.

Manteranse tamén propostas como o carné de socio con estrelas semanais e os diplomas de asistencia para premiar a fidelidade dos nenos e das familias. Por último, este ano incorporaremos, ademais, a novidade dos "cumprecontos", sesións especiais nas que converteremos en protagonistas dos contos aqueles nenos e nenas que fagan anos.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Enquisa