Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Canais arrow Música arrow Escolares franceses reemplazan mochilas por chaves usb con software libre
Escolares franceses reemplazan mochilas por chaves usb con software libre PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Eneas Freire, o 16-10-2007

Visitas : 786


Image As autoridades educativas da rexión de Île-de-France distribuíron 213.000 chaves USB entre estudantes e mestres.
Ademais de fomentar a cultura tecnolóxica entre os alumnos a chave USB vén cargada de ferramentas e aplicacións baseadas no software libre como Firefox, VLC, OpenOffice, Thunderbird, Sunbird, Sumatra PDF, Miranda, Fullsync, entre outras.
Todas as ferramentas veñen xa instaladas na chave de 1 GB polo que o alumno soamente debe conectalo ao seu PC para usalas.
 
Xunto á distribución das chaves, púxose en marcha un portal web (campusb) onde se poden atopar tutoriales para os programas instalados, personalización de páxinas a través de Netvibes e múltiples fonte de información xunto a un buscador especifico para o sector educativo.

A elección innovadora de propoñer programas informáticos libres demostra o compromiso da Rexión no sentido de reequilibrar a oferta informática que teñen dispoñible os alumnos e profesores entre solucións propietarias e libres, dixo o consello escolar nun comunicado.

Anteriomente outro consello escolar francés, o da rexión dos Alpes Marítimos xa distribuíra unha chave USB con ferramentas similares entre aproximadamente 13.000 alumnos do distrito. Tamén o de Bretaña distribuíu aos seus alumnos CDs con software libre como OpenOffice.org, Mozilla, Gimp, FileZilla, Dia, Audacity, Blender, Abiword, entre outros.

Con todo, e tal como confirman fontes do consello escolar de ile de France nunca se había alcanzando unha distribución tan masiva como nesta ocasión chegando a 175.000 alumnos e 40.000 profesores.
 
Traslademos agora o noso maxín a estas latitudes e pensemos nas famosas TIC presentes nos curriculae dos nosos estudantes. ¿Cantos ordenadores hay nun colexio ou instituto? ¿Son utilizados polos alumnos en tódalas clases? ¿Qué software teñen?. A diferencia sería abismal.
 
Un saudo. 



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Protexr os lombos dos escolares

Escrito por: Xanval (Invitado) o 21-10-2007

Protexr os lombos dos escolares

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 21-10-2007

Fai ben pouco saia na prensa o problema que surdia do peso das mochilas que os escolares portaba de cotio e que poidera provocar problemas na espiña dorsal. 
Esta claro que fomentando o uso da informatica poderia solucionarse ese risco xa que nas chaves USB poden gardar todo ou a maior parte do contido das materias e exercicios escolares

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

máis alá

Escrito por: baionaconsciente (Invitado) o 17-10-2007

máis alá

Escrito por: baionaconsciente (Invitado ) o 17-10-2007

Hai que ir más alá e plantexar a idea que se nos vén á cabeza ao ler o titular: que os alumnos non teñan que mercar libros de textos. Somentes terían que conectarse á web do centro correspondente e descargarse os pdf cos contidos das materias que vaian recibir nese curso. ¿Cando romperemos o negocio da educación?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Novo disco Dakidarria

Enquisa