
As autoridades educativas da rexión de Île-de-France distribuíron 213.000 chaves USB entre estudantes e mestres.
Ademais de fomentar a cultura tecnolóxica entre os alumnos a chave USB vén cargada de ferramentas e aplicacións baseadas no software libre como Firefox, VLC, OpenOffice, Thunderbird, Sunbird, Sumatra PDF, Miranda, Fullsync, entre outras.
Todas as ferramentas veñen xa instaladas na chave de 1 GB polo que o alumno soamente debe conectalo ao seu PC para usalas.
Xunto á distribución das chaves, púxose en marcha un portal web (campusb) onde se poden atopar tutoriales para os programas instalados, personalización de páxinas a través de Netvibes e múltiples fonte de información xunto a un buscador especifico para o sector educativo.
A elección innovadora de propoñer programas informáticos libres demostra o compromiso da Rexión no sentido de reequilibrar a oferta informática que teñen dispoñible os alumnos e profesores entre solucións propietarias e libres, dixo o consello escolar nun comunicado.
Anteriomente outro consello escolar francés, o da rexión dos Alpes Marítimos xa distribuíra unha chave USB con ferramentas similares entre aproximadamente 13.000 alumnos do distrito. Tamén o de Bretaña distribuíu aos seus alumnos CDs con software libre como OpenOffice.org, Mozilla, Gimp, FileZilla, Dia, Audacity, Blender, Abiword, entre outros.
Con todo, e tal como confirman fontes do consello escolar de ile de France nunca se había alcanzando unha distribución tan masiva como nesta ocasión chegando a 175.000 alumnos e 40.000 profesores.
Traslademos agora o noso maxín a estas latitudes e pensemos nas famosas TIC presentes nos curriculae dos nosos estudantes. ¿Cantos ordenadores hay nun colexio ou instituto? ¿Son utilizados polos alumnos en tódalas clases? ¿Qué software teñen?. A diferencia sería abismal.
Un saudo.
Protexr os lombos dos escolares
Escrito por: Xanval (Invitado) o 21-10-2007