Os responsables da planta de compostaxe que se atopa en fase preliminar- Foto Voz de Galcia.
A Mancomunidade de Montes do Val Miñor comezou xa a producir de xeito experimental abono orgánico para a recuperación de espazos forestais degradados. Sobre un terreo de 2.000 metros cadrados cedido polos comuneiros de Vincios está a levarse a cabo un dos proxectos máis innovadores dos últimos anos e que no futuro permitirá solucionar a xestión dunha gran cantidade de residuos que hoxe en día alimentan numerosos vertedoiros incontrolados.