O responsable de promoición da empresa Acciona Eólica Cesa solicitou a semán pasada unha cita co rexedor nigranes para presentar o proxecto do parque eólico Albariño I na Serra da Groba. O concello presentou a súa sorpresa ante a solicitude dado que Nigrán é o único concello que non está afectado directamente pola instalación do citado parque.
A executiva do PSOE de Nigrán xa dixo non ao respecto. http://www.valminor.info/
content/view/1902/17/
Supoño que o goberno do PSOE de Nigrán dirá o mesmo...non farán como en Baiona. O que ninguén sabe é que opina o BNG. Eses ainda non dixeron nada ao respecto.
¿Que interés ten a empresa en reunirse co alcade de Nigrán? ¿Cal vai ser o posicionamento da corporación nigranesa respecto a este tema e cal o posicionamento do propio goberno local dende a Mancomunidade do Val Miñor, onde si podería ter algo que dicir o Concello de Nigrán? Á espera dunha futura resposta ou información, saúdos.
É curioso que soliciten entrevistarse co concello que non ten afección directa e non o fagan, por exemplo coas persoas e asociacións que públicamente nos posicionamos en contra. Gostaríame ver cáles son os argumentos que van a por enriba da mesa e, ademais, saber por que van a Nigrán e non a outros concellos afectados.
O PSOE de Nigrán xa falou
Escrito por: Pinchete (Invitado) o 22-10-2007