Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow As AAVV de Nigrán solicitan o cumprimento estricto da legalidade en Porto do Molle
As AAVV de Nigrán solicitan o cumprimento estricto da legalidade en Porto do Molle PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 23-10-2007

Visitas : 711


Continúan as obras de explanación en Porto do Molle
Continúan as obras de explanación en Porto do Molle
As AAVV de Nigrán, o colectivo Salvemos Monteferro e a Comisión de afectados de Porto do Molle, solicitaron onte por escrito ao concello que se condicione a aprobación do Proxecto de Urbanización do Polígono Empresarial Terciario de Porto do Molle ao estricto cumprimento da legalidade e os problemas atopados para garantir o desenvolvemento sostible desta actuación. As asociacións (Priegue, Chandebrito, Panxón, Monteferro, Ramallosa, Camos, Parada, Nigrán, Coelctivo afectados e Salvemos Monteferro) denuncian que despois despois de transcorridos case seis meses dende a aprobación inicial do Proxecto de Urbanización do Polígono Empresarial-Terciario- SAU 9 de Porto do Molle, e despois de teren presentadas as alegacións ao mesmo en prazo e forma, non recibiron a día de hoxe contestación algunha, nin por parte de Zona Franca nin por parte da Administración Local.

Segundo argumentan durante todo este tempo, a execución das obras continúan adiante sen saber se finalmente o Proxecto de Urbanización será ou non aprobado polo Concello. As asociacións consideran irrenunciables algunhas cuestións que condicionan a aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización de Porto do Molle.

A máximas preocupacións das asociaciósn veciñais céntranse en garantir as conexións viairas de comunicación con Porto do Molle para non colapsar a deficiente rede viaria actual, avaliar e garantir os efectos dos asulagamentos nas áreas exteriores ao polígono empresarial, correxir os taludes de terra entre outros.

As asociacións de veciños  advirten que estas cuestións son irrenunciables para a aprobación do Proxecto de urbanización, a máis de informar unha mala xestión desta actuación acarrexaría problemas para o desenvolvemento do futuro PXOM e condicionaría o futuro de Nigrán.

Zona Franca négase a acometer as modificacións.

A reunión mantida onte polos concelleiros de medioambiente, urbanismo e polo propio alcalde de Nigrán Efrén Juanes con técnicos de ambas institucións non chegou a bó porto.

Zona Franca reafirma os seus pronósticos de asulagamento ainda que no informe das AVV, redactado por unha empresa externa, atopou graves deficiencias nos cálculos que Zona Franca non soubo responder onte diante dos técnicos e do equipo de goberno.

Os técnicos do concello reprocharon a Zona Franca que a documentación presentada ante concello era "incomprensible e confusa" ao que Zona Franca eludiu responsabilidade algunha. 

A concellaría de Medioa Ambiente que dirixe o edil Juan Hermida considera irrenunciables os puntos solicitados a Zona Franca, puntos que coinciden coas peticións feitas polas asociacións de veciños.

Juan Hermida considera que Zona Franca debe garantir con argumentos demostrables que a súa actuación en Porto do Molle non acuciará graves asulagamentos ou desfeitas na desembocadura do río Muiños, dada a nula capacidade deste río para absover as augas pluviais recollidas dun polígono de 1 millón de metros cadrados como é Porto do Molle. 

Asulagamentos 

Os veciños non poden confiar nos criterios máis pesimistas de asulagamento do informe de  Zona Franca dado que están calculados fai máis de 10 anos e o cambio climático é unha realidade palpable na actualidade nacional.

Os asulagamento en Valencia, Alacante, ou mesmo en Sabarís e Oia o pasado ano demostran que os estudos técnicos quédanse curtos ante os aguaceiros que os expertos aseguran son menos frecuentes pero con moita máis carga de auga. Unha predicción que parece ser consecuencia do inminente cambio climático ao que estamos asistindo, onde toda predicción climática de fai 10 anos parecen estar desfasadas.

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Porto do molle

Escrito por: Jose Rodríguez Rodríguez (Invitado) o 23-10-2007

Porto do molle

Escrito por: Jose Rodríguez Rodríguez (Invitado ) o 23-10-2007

Es vergonzoso lo de porto do molle. Zona Franca y sus amigos haciéndose ricos a costa de los pequeños propietarios, pero esto es lo que lleva haciendo en Vigo y su comarca desde su fundación. Es vergonzoso que se dediquen a quitarle el trabajo a los trabajadores para hacerse ricos a su costa. Esta entidad debería de desaparecer, no aporta nada a VIGO ni a la comarca.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

é de sentidiño común

Escrito por: Pinchete (Invitado) o 23-10-2007

é de sentidiño común

Escrito por: Pinchete (Invitado ) o 23-10-2007

É de sentidiño común. Pedir que Zona Franca, un ente público cumpla a legalidade vixente xa non debería ter cabida a estas alturas da película. Non pode ser que un goberno fale de perseguri irregularidades, predice cumprimento da legalidade, e logo fagan o que lles ven en gana ou o que é peor "fagan o que eles interpretan que é mellor" sen ter que dar explicacións a ninguén. Porto do Molle foi expropiado aos veciños a un precio irrisorio de 300 pts /m2, Zona Franca vai tirar de isto un aproveitamento inmobiliario millonario en euros dos de agora. Que menos que garantir que este parque non vai ser un embalse é o mínimo que poden facer dado o prezo do impacto medioambiental por ocupar un dos humidais máis ricos da comarca, un auténtico termostato climático e esponxa de augas pluviais da zona norte do val. Que menos que cumprir a legalidade. Iso é irrenunciable, e que se prepare Zona Franca que como lles toque moito os juevos aos veciños de Nigrán, chantámonos en Bouzas e lles montamos un cristo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >