O Concello de Gondomar variou a sinalización no polígono industrial co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e previr accidentes. Os cambios consisten en facer que só entren no parque industrial aqueles vehículos que o precisen para operacións de carga ou descarga ou calquera outra xestión coas empresas que están alí instaladas.
Os que circulen desde Gondomar ata Vigo terán, pola contra, que circunvalar o polígono.
Eu quixera sabar si todas as empresas están de acordo en que os seus posibles clientes deixen de pasar por diante dos seus establecementos. A min esto sóname un pouco raro. Parece estar feito para que os carretilleiros de energy poidan andar mais as suas anchas. Por certo. ¿ten o concello competencias sobre a sinalización vertical desa estrada?
De quen é a titularidade da estrada?
Escrito por: Henrique (Invitado) o 30-10-2007