| Escrito por Redaccion,
o 25-10-2007
|
Visitas : 579 |
SOS A Serra da Groba inicia esta fin de semana en Torroña o ciclo de charlas informativas adicadas aos veciños e veciñas das comunidades de montes afectadas polo proxecto de instalación do parque eólico Albariño I. A primeira charla terá lugar o sábado 27 de outubro ás 21 horas nas Escolas de Torroña coa proxección dunha película sobre os curros da Groba dos anos 1970.
A asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba que xa conta con máis dun milleiro de sinaturas informa, por outra banda, que xa está dispoñible a folla de sinaturas electrónicas na súa páxina web http://www.sosgroba.com
|
|
|
|