Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Axenda arrow Urbanizar o mar
Urbanizar o mar PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 28-10-2007

Visitas : 696


Peirao de Baiona. Mercés moralejo
Peirao de Baiona. Mercés moralejo
Recentemente gran parte da cidadanía de Baiona se manifestaba en contra de “urbanizar o mar” cando se concedía mediante concurso a explotación dunha lámina de auga.

Hoxe, vemos vaise ampliar o porto pesqueiro. Amplíase para instalar infraestructuras necesarias para os mariñeiros e mariscadoras. Se temos en conta que Ronáutica ainda ten pendente a metade do seu recheo, ¿non se tratan estes casos de urbanizacións directas no mar?

Non entendemos o dobre raseiro para actuacións no noso litoral. Se produce unha xeneralizada movilización en contra de colocar mortos no mar e logo van e nos enchen de cemento a baía. Entendemos que a Cofradía de Pescadores non estea en contra da ampliación do porto pesqueiro, neste caso os beneficiarios son eles e iso é distinto, claro.

Os argumentos que se engrimían contra Ronáutica ou o Clube de Iates igualmente poden ser válidos para os mariñeiros. O cemento fai igual dano no mar, haxa un Mercedes sobre él ou haxa un Seat. Igualmente non importa que se seleccione percebe ou que se vendan sudadeiras, o dano é o mesmo. A única diferencia é a repercusión social que ten a iniciativa e o modo de actuar.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Certo

Escrito por: Pinto (Invitado) o 28-10-2007

Certo

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 28-10-2007

Estou totalmente de acordo con esta opinión. Ao concello de Baiona acábaselle de ver a manipulación da confronta que lideraron coa cofradía. E parece que a estratexia funciona. Lamentable que non sexa quen de enfrontarse a Ronautica e quitar toda aquela merda que teñen alí, e por as instalacións que precisen os mariñeiros nese recheo xa feito. Se a lámina de auga era un dano ecolóxico...¿Que é un recheo?.. Lamentable o deste políticos que manipulan á xente. Igual que o dos verquidos fecais. Agoran nos venden que cunha estación de bombeo xa non hai contaminación, eos coitados da cofradía e as mariscadoras tragan o cebo. A culpa non é deles, a culpa é da desinformación e as mentiras ás que adoitan enriquecernos Sito e compañía. Os problemas hai que afrontalos e non votar a merda aos outros con mentiras.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa