Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

25 07/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Publicación de Trisguel 1.5
Publicación de Trisguel 1.5 PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Eneas Freire, o 29-10-2007

Visitas : 767


Interface da nova versión do Trisquel
Interface da nova versión do Trisquel
Por fin está dispoñible para descargar a esperada Trisguel GNU/Linux 1.5 Sirona. Trisquel é un proxecto de desenvolvemento de software que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, en galego, e empregando exclusivamente software libre. Trisquel GNU/Linux inclúe os idiomas galego (por defecto), castelán e inglés.

Inclúe moitas novidades entre as que destacan: Kernel 2.6.22, con máis de 1700 drivers,Gnome 2.18,OpenOffice.org 2.2, con correctores de galego e castelán e Gimp 2.4.

A imaxe ISO do cd pode descargarse nesta ligazón
Suma MD5

Inclúe moitas novidades entre as que destacan:

  • Kernel 2.6.22, con máis de 1700 drivers
  • Gnome 2.18
  • OpenOffice.org 2.2, con correctores de galego e castelán
  • Gimp 2.4
  • Novo sistema gráfico autoconfigurable (Xorg 7.2 + xrandr)
  • Melloras no sistema de impresoras, 1500 modelos soportados
  • Aspecto renovado
  • Novo sistema de arrinque live-initramfs

Coma sempre, inclúe máis de 1000 paquetes de software preinstalado dun total de 20.000 dispoñibles, e todos 100% libres. Entorno e programas en galego, castelán e inglés.

Trisguel 1.5 servirá de base para Trisquel Empresas 1.0, que será presentada no SIMO '07, dentro de apenas dúas semanas. Estades todos invitados :) (Pabillón 1, stand A160).

Os usuarios de Trisguel 1.0 poderán pasar á 1.5 mediante o xestor de actualizacións, funcionalidade que estará dispoñible dentro duns días.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Parabens a Trisquel e a ValMinhor.info

Escrito por: taurozen (Invitado) o 30-10-2007

Parabens a Trisquel e a ValMinhor.info

Escrito por: taurozen (Invitado ) o 30-10-2007

Eu levo bastante tempo usando Trisgel, ao mesmo tempo que Ubuntu, e en xeral estou contento con calquera das duas distros. Espero resposta a unhas dúbidas que deixei no foro de Trisquel para instalar a nova versión mellorada, ainda que penso que vou a estreala antes co "CD Vivo", sin instalar. Parabens por contribuir a espallar GNU-Kinux e as aplicacións de código libre en xeral, no Val Miñor, que boa falta fai

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

probado

Escrito por: pentamaster (Invitado) o 29-10-2007

probado

Escrito por: pentamaster (Invitado ) o 29-10-2007

Probei o live-cd da versión anterior que me agasallaron no Xuventude Galiza.net deste ano e está moi completo. É unha boa ferramenta para perder o medo a instalar Linux. Xestionando algúns programas con algún emulador de Windows pódese decir que temos unha interesante alternativa a Windows Vista. Hai que perder o medo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa