Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Axenda arrow SOS Groba iniciou con éxito a súa primeira charla informativa.
SOS Groba iniciou con éxito a súa primeira charla informativa. PDF Imprimir Correo-e
(8 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 29-10-2007

Visitas : 593


Os máis maiores puideron recoñecer a amigos e familiares no documental
Os máis maiores puideron recoñecer a amigos e familiares no documental
Preocupados polo descoñecemento xeral dos veciños en torno ao verdadeiro impacto do parque eólico que a empresa Eurovento ten proxectado construír na Serra da Groba. A asociación SOS A Serra da Groba iniciou o pasado sábado en Torroña o ciclo de charlas destinadas a informar aos membros das comunidades de montes afectadas.

Preto de oitenta persoas, entre nenos e adultos, xuntáronse nas Escolas de Torroña para asistir á proxección dunha película sobre os curros de cabalos da Groba  dos anos 1970 na que os máis maiores puideron recoñecer a amigos e familiares que adoitaban participar nestas festas tradicionais naquela época. 

Logo da película, os membros de SOS Groba proxectáronlles aos asistentes unha serie de fotografías que serviron de apoio ás explicacións do impacto real que sufriría o seu monte e o seu patrimonio etnográfico e arqueolóxico coa instalación 21 aeroxeradores de máis de 125 m de alto que precisan da creación  de 20 km de pistas novas, gabias laterais de 1 m de ancho e 0,5 m de fondo e os máis de 25 km de condutos de 1 m de fondo para o transporte soterrado da enerxía eléctrica.

A charla completouse coa recollida de firmas da maioría dos asistentes que agradeceron o traballo que está a desenvolver a asociación para que a  Serra da Groba sexa considerada como un Espazo Natural e Cultural protexido rexional, nacional e internacionalmente.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Noraboa

Escrito por: Pinto (Invitado) o 30-10-2007

Noraboa

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 30-10-2007

Noraboa pola inicativa civil. Grazas por por un punto de luz en todo este asunto que non esconde máis que unha trama politica-económica sen preocuparse da xente.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa