
Os máis maiores puideron recoñecer a amigos e familiares no documental
Preocupados polo descoñecemento xeral dos veciños en torno ao verdadeiro impacto do parque eólico que a empresa Eurovento ten proxectado construír na Serra da Groba. A asociación SOS A Serra da Groba iniciou o pasado sábado en Torroña o ciclo de charlas destinadas a informar aos membros das comunidades de montes afectadas.
Preto de oitenta persoas, entre nenos e adultos, xuntáronse nas Escolas de Torroña para asistir á proxección dunha película sobre os curros de cabalos da Groba dos anos 1970 na que os máis maiores puideron recoñecer a amigos e familiares que adoitaban participar nestas festas tradicionais naquela época.
Logo da película, os membros de SOS Groba proxectáronlles aos asistentes unha serie de fotografías que serviron de apoio ás explicacións do impacto real que sufriría o seu monte e o seu patrimonio etnográfico e arqueolóxico coa instalación 21 aeroxeradores de máis de 125 m de alto que precisan da creación de 20 km de pistas novas, gabias laterais de 1 m de ancho e 0,5 m de fondo e os máis de 25 km de condutos de 1 m de fondo para o transporte soterrado da enerxía eléctrica.
A charla completouse coa recollida de firmas da maioría dos asistentes que agradeceron o traballo que está a desenvolver a asociación para que a Serra da Groba sexa considerada como un Espazo Natural e Cultural protexido rexional, nacional e internacionalmente.
Noraboa
Escrito por: Pinto (Invitado) o 30-10-2007