Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow O xogo das diferenzas
O xogo das diferenzas PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 30-10-2007

Visitas : 637


 baiona lixo¿Xogamos? A ver se atopamos a sustancial diferenza entre a primeira imaxe, en branco e negro, tomada en Redondela (Faro de Vigo) e a segunda, a cor, tomada en Baiona.

 

 O sustancialmente diferente é que en Redondela levan tres días de folga e en Baiona o servizo municipal non o está.

Para moitos unha vergoña, para outros, entre eles membros da corporación municipal, a culpa é dos veciños de Baiona, que tiran todo por fora.

Non podemos negar que algo de culpa temos todos ao non cumprir cos horarios para depositar o lixo, pero como ven se pode ver nesta foto en Sabarís, non só é ese o problema:

1º.- Moita xente descoñece a ubicación do punto limpo e a súa función.

2º.- A maioría da xente carece de medios para levar colchóns, mobles e outros refugallos de grandes dimensións ata o punto limpo de Baiña.

3º.- A unha inmensa maioría de xente non lle apetece ir ata o punto limpo cargado ata arriba, cando pode tiralo ao pé da casa do veciño.

4º.- Non existe un estudo de volume de lixo por zonas, ou non se está a aplicar, senón non se entende o escaso número de contenedores nalgunhas zonas e o exceso noutras.

O problema do lixo non é só cuestión dun servizo municipal deficiente, tamén implica posibles riscos sanitarios. Con isto non se pode xogar, sobre todo cando se trata do único servizo de recollida non privatizado no Val Miñor.

 


 Redondela onte. Porto de Baiona


Máis fotos en: Foto denuncia valminor.info

Máis artigos de opinión de Baionaconsciente: http://baionaconsciente.blogaliza.org 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

...

Escrito por: Alvaro (Invitado) o 31-10-2007

...

Escrito por: Alvaro (Invitado ) o 31-10-2007

Estoy de acuerdo con el comentario anterior. No todo es culpa de los vecinos, poca gente se autoexigirá en hacer las cosas bien, dejar la basura donde se debe y cómo se debe, si no nota por parte del municipio afán por dotar de un buen servicio de recogida, puntos de reciclage, etc... bien mantenidos.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

tampouco é todo culpa dos veciños

Escrito por: Pinto (Invitado) o 30-10-2007

tampouco é todo culpa dos veciños

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 30-10-2007

E digo ben. Non é todo culpa dos veciños que por exemplo os contenedores teñan as tapas rotas e alimenten a gaterío e as ratas da contorna. 
Tampouco é culpa dos veciños que xamais se valdearan e que estén cheiños de roña incrustada. 
Tampouco é culpa dos veciños que sexa pequenos e insuficientes. 
Tampouco é culpa dos veciños que o servizo de recollida deixe sempre os contenedores coa tapa aberta (os que o teñen). 
Tampouco é culpa dos veciños, que non existas puntos verde con todos os seus contenedores para poder reciclar (o que ten papel, non ten plásticos, o que ten plásticos non ten organícos). 
Tampouco é culpa dos veciños que non se limpen as contornas onde están ubicados os contenedores, onde papeis e pingos enxurrentos manchan toda a acera e fan proliferar todo tipo de moscas e mosquitos. 
Pero sí e culpa dos veciños estar calados e pagar un imposto ante un servizo tan pésimo. 
A min gostaríame saber que opinan por exemplo a Asociacións de Veciños Castro Ladeira de Sabarís. Porque cando foi do tema da depuradora que quería clavarnos Corina Porro, rápidamente se puxeron detrás da pancarta e pegaron papeis en todas as farolas. Pero xamais escoitei piar a ninguén por este tema.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >