Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow O ex alcalde de Nigrán patrocinou con 36.000 euros unha festa na praia
O ex alcalde de Nigrán patrocinou con 36.000 euros unha festa na praia PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 30-10-2007

Visitas : 396


Espectáculo de Snowbeach
Espectáculo de Snowbeach
O Concello de Nigrán gastou 36.000 euros nun só día durante o verán do ano pasado co patrocinio do espectáculo de neve na praia Snowbeach . Alfredo Rodríguez contratou en segredo a unha empresa para a organización do «Snowbeach» de Praia América. 

Os responsables do evento reclaman ao consistorio o pago de 13.000 euros que aínda non foron abonados.

O anterior alcalde, Alfredo Rodríguez Milleiros, comprometeu este gasto coa firma dun acordo secreto cos organizadores do evento, a empresa coruñesa de mercadotecnia Expanding World.

 

Compromiso de «gardar sixilo» sobre o acordado e un vídeo de 3.000 euros que non aparece

 

Quinta- Clásula de confidencialidad - Las partes se comprometen a guardar sigilo sobre todos los contenidos y demás aspectos de la celebración de los eventos y los espectáculos multimedia.

 

O ex alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, asinou coa empresa Expanding World o contrato para patrocinar o espectáculo de neve baixo un absoluto segredo. A falta de publicidade co que levou a cabo a contratación do evento quedou de manifesto nunha das cláusulas do acordo, na que ambas as partes se comprometían «a gardar sixilo sobre todos os contidos e demais aspectos da celebración dos eventos e os espectáculos multimedia». 

Continúa na Voz de Galicia 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 6 de 6 Comentarios

Transparencia

Escrito por: Monchiño (Invitado) o 31-10-2007

Transparencia

Escrito por: Monchiño (Invitado ) o 31-10-2007

Mentres haxa participación dos colectivos veciñais, e indirectamnete dos veciños nun proceso de ordenación urbanística non ten porque pasar nada porque todo o mundo vai ter clariño o que vai a estar nese papel. Porque o modelo inicial será un resultado do consenso veciñal. Evidentemente os concellais poden estar imputados e denunciados, pero iso é por realizar prácticas de ocultismo. Por iso digo que o de velar a legalidade urbanística non é competencia directa dun concellal, se non da lei. E a lei urbanística aquí é un policia local que ten asigando precisamente ese cometido. inspeccionar obras e denuncian as irregularidades. Outra cousa é que o faga.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: Nigranense (Invitado) o 31-10-2007

...

Escrito por: Nigranense (Invitado ) o 31-10-2007

¿As irregularidades urbanísticas non dependen dun concellal e dun goberno senón dun policía? - ¿E as imputacións ó Ex alcalde e outros concelleiros que son énton? ¿Imaxinación miña? Os concellais sempre levan varias concellalias. O que non se entende é que un concellal X leve dúas concellalias e o concellal Z leve tres ou catro, e as de maior peso. Non vou personificar a competencia e o compromiso nin facer unha defensa ou crítica personificada hacia un determinado concellal: o balance dunha xestión conxunta ou individual verase a medio plazo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Non me preocupa

Escrito por: Monchiño (Invitado) o 30-10-2007

Non me preocupa

Escrito por: Monchiño (Invitado ) o 30-10-2007

A min a verdade é que a concellería de urbanismo non me preocupa sempre en canto, existan os consellos sectoriais e o urbanismo vaia encamiñado baixo da man da Axenda 21 como están dicindo dende o concello. eu durmo tranquilo nese aspecto. Outra cousa son as irrgularidades urbanísticas, pero para iso non está un concellal si no que iso é competencia da policía e o axente local que se encarga diso. El é o que ten que sair a buscar. Pero parece que agarda a que lle cheguen pola porta.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

coincido en parte

Escrito por: Pinto (Rexistrado) o 30-10-2007

coincido en parte

Escrito por: Pinto (Rexistrado ) o 30-10-2007

Eu conincido en parte co de nigranense. O digo porque a capacidade dunha persoa non se mide polos cargos que teña se non polas cousas que sexa capaz de facer. Un exemplo claro de activísmo aférrimo e capacidade é Xose Lois Vilar. A retaila de traballos e iniciativas que leva este home, non se entende como ten tempo para durmir, traballar e atender á familia. Iso é capacidade de superación, vontade e compromiso. Por outra parte é normal que os concellais leven varias concellerías. Porque en Nigrán como en moitos concellos non existen tantos concellais para tantas concellerías. É así por lóxica, o único dinstinto é que algunhas concellerías non teñen negociado. Coido que se chama así. É dicir un auténtico equipo de técnicos que conformen a concellería. O caso por exemplo pode ser concellería de alumeado, policía, atención cidadá, etc... Ese é o motivo poloque os concellais en Baiona, Nigrán e Gondomar ao contrario que en Vigo, levan vairas concellerías. Se Nigrán subise o censo a máis de 20.000 habitantes, entón subiria o número de concellais co cal se podería repartir máis o traballo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Reflexións

Escrito por: Nigranense (Invitado) o 30-10-2007

Reflexións

Escrito por: Nigranense (Invitado ) o 30-10-2007

A pesar de ser legal, este gasto é exemplo do que cómo non se debe xestionar. De todos modos, chegará un día no que haberá que deixar de falar de xestións pasadas para pasar a falar de xestións presentes e futuras.  
 
A verdade é que non me preocupa a forma de facer oposición de Antonio Fernández ou de Alberto Valverde. A oposición hoxe en Nigrán necesita dun tempo no que os seus líderes reflexionen profundamente na forma, modos e contido no que queren orientar unha oposición que verdadeiramente fiscalize a labor do goberno. 
 
O que verdadeiramente me preocupa é que, a pesar de contar cunha maioría suficiente, campos de xestión como o que toca ó urbanismo, cunhas necesidades e problemas presentes e futuros, sexa levada por un concellal que non conta con dedicación exclusiva, ademáis de levar varias concellalias máis, e sen contar con que aparte é diputado provincial (co tempo a dedicar que supoña, por mínimo que sexa) e continúe (como dí o comentario anterior) coas tarefas laborais que desempeñaba na Fundación Érguete. Todo pensando cara a unha xestión que, penso, require de dedicación exclusiva.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

E logo Antoñito UCN predicando

Escrito por: Pinto (Invitado) o 30-10-2007

E logo Antoñito UCN predicando

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 30-10-2007

E logo disto temos que aturar a Antoñito decir sandeces na Localia falando de que os actuais concellais son uns...Como dixo?...uns ¿estafadores? porque seica o concellal de urbanimo, leva a concellería con media dedicación, está na deputación e polas tardes anten á Fundación Erguéte onde traballaba. 
Manda juevos...pois menos mal que Antoñito cobraba 3.000€ ao mes como concellal para non facer nada durante 4 anos, salvo deixar arrasadas as arcas municipais, e delinquir estrepitosamente por iso está sentado no banquillo dos acusados por varias causas urbanísticas. Ou menos mal que Antoñito lle consentiu a Avelino non pisar o concello namentres todos os veciños lle pagabamos a cotización á Seguridade Social e o seguro médico privado para toda a súa familia. Iso entón que é?.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 6 de 6 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?