| Escrito por Redaccion,
o 30-10-2007
|
Visitas : 343 |
 Este sábado 3 de novembro, a Mostra de Teatro de Gondomar continúa coa participacion da compañía Skéne Teatro que porá en escea a obra "A asamblea das mullere". Unha divertida comedia clásica do gran dramaturgo Aristófanes.
A obra comeza cando un grupo de mulleres decide facerse co goberno da cidade. Pero nun mundo de homes terán que se disfrazar, falar e actuar como eles para convencer a todos os sabios de que as mulleres deben gobernar. Ademáis das divertidísimas escenas e da comicidade dos actores, resulta sorprendente o uso do coro grego, pois este coro é agora musical, así o público disfrutará de músicas pegadizas e cun gran ritmo. - Duración: 1 hora 25 minutos
- Público preferente: adulto
- No Auditorio Lois Tobío, ás 22: 30 h
- Entrada: 3 euros
- Venda: en taquilla
|
|
|
|