Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Opinión arrow Baiona organiza obradoiros no día de Samaín
Baiona organiza obradoiros no día de Samaín PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 31-10-2007

Visitas : 447


ImageO departamento de Xuventude que dirixe a Concelleira María Iglesias Fernández e o departamento de Educación que dirixe Rosa Ana Marcote Guillén, organizan un obradoiro para os nenos/as da Vila co motivo de celebrar a festa popular do Samain, celebración pagá e ancestral que xurde dos celtas que facían diferentes actos para celebrar nese día a unión do mundo dos vivos e dos mortos.

O programa de actividades dará comezo hoxe 31 de outubro ás 17h na praza do Concello e prolongarase durante a tarde.

Para máis información ou aclaración poden dirixirse a oficina de Xuventude ou Educación que cita na Casa do Concello ou ben no telefono 986 385 925

 

Día de Samaín 

"Samain" é a festa coa que os pobos celtas recibían o novo ano. Logo fusionouse co festa cristiá do Día de Todos os Santos e deu orixe ao "Halloween" anglosaxón.

Samain é unha das principais festas dos celtas que celebraban a noite anterior ao 1° de novembro, o inicio dun novo ano.

Como en toda festa, as comunidades comparten non só as alegrías e tristezas da súa existencia terreal senón os recordos e a memoria dos antepasados, que na véspera do Samain os tiñan por presentes ata reservándolles un lugar con comida e bebida.

Co cristianismo, a festa consagrouse a todos os santos e así os pobos anglosaxóns a esta festa recoñécena como "Halloween" (All Hallos Even), ou sexa, Véspera de Todos os Santos.

Os celtas, pobo eminentemente guerreiro, crían que posuír a caveira dos seus inimigos outorgáballes a forza do seu espírito. Para esta época colocaban velas dentro delas para asustar aos vivos. Actualmente, as cabazas iluminadas con velas reflicten esta tradición máis dun modo festivo que intimidatorio.

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >