Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

25 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Unha promotora realiza un aterramento ilegal en Nigrán
Unha promotora realiza un aterramento ilegal en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 31-10-2007

Visitas : 431


O aterramento ocupa un area de 9000 m2
O aterramento ocupa un area de 9000 m2
Unha promotora inmobiliaria leva a cabo un aterramento ilegal no barrio da Telleira nun área de preto de 9000 m2 cunha altura de dous metros sobre o nivel da estrada. A imaxe recorda ás obras de explanación lindeiras que se están a realizar no parque empresarial de Porto do Molle.
A terra acuamulada procede dunha excavación que realiza a mesma promotora noutra parcela situada na Avda. Val Miñor.
O aterramento está deixando uns taludes de considerable altura e que no caso de fortes choivas pode provocar o asulagamento e movemento de lodos ás casas e fincas colindantes, xa que a terra non está ainda compactada.
 
O concello enviou a inspección urbanística ao lugar e puido decatarse de que a empresa Vigolar había invadido unha finca privada. A concellería de urbanismo avisou ao veciño e aconsellou que denunciara urxentemente os feitos no xulgado de garda como segunda medida paralela á actuación do concello.
 
Os camións seguen estes días traendo terra e levantando outro nivel na esplanación nun día no que a maior parte da construcción non traballa seguindo as esixencias do novo convenio.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 3 de 3 Comentarios

Leña

Escrito por: Monchiño (Invitado) o 01-11-2007

Leña

Escrito por: Monchiño (Invitado ) o 01-11-2007

si o comentario é do actual concellal de urbanismo, alédame que estea ao tanto das opinións dos veciños que verquimos neste medio. Iso polo menos xa denota un interese no asunto. Comentarlle a Juan Gonzalez que os veciños estamos con eles, alí onde un destes deslamados que campaban ás súas anchas no concello de Nigrán coma se isto fose a súa finca privada. Ánimo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

RESPOSTA

Escrito por: Juan A. González - Concelleiro (Invitado) o 01-11-2007

RESPOSTA

Escrito por: Juan A. González - Concelleiro (Invitado ) o 01-11-2007

Agradecemos o interés por preservar o medioambiente e legalidade urbanística que está calando entre os cidadans do Val Miñor. Tan soio decir que non se trata dunha obra senón dunha acumuladvertción de terra procedente dunha obra cercana e que a inspección de urbanismo do concello púxose en marcha dende o mesmo instante en que advertiu que a paticición que se lle fixera para limpar a finca estaba a converterse nunha clara alteración da rasante e un recheo ilegal. Por outra banda aclarar que aterrouse tamén unha finca que non era propiedade da empresa Vigolar e quen primeiro se dirixiu ao eciño e ue lle recomendou fora a denuncialo urxentemente ao xulgado foi o propio concello. Simplemente sinalar que moitas empresas seguen a pensar que Nigrán é un territorio no que hai impunidade urbanistica pero se equivocan.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Multa exemplar

Escrito por: Monchiño (Invitado) o 31-10-2007

Multa exemplar

Escrito por: Monchiño (Invitado ) o 31-10-2007

Se de verdade hai un cambio neste goberno, agardamos unha multa exemplar para que a ningún destes promotores listillos se lles pase pola cabeza volver facer algo semellante. Seguiremos o asunto con detenemento.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 3 de 3 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?