| Escrito por Eneas Freire,
o 01-11-2007
|
Visitas : 675 |
A lei é clara, para que exista un delito contra a propiedade intelectual debe haber ánimo de lucro e prexuízo a terceiros, aínda que algúns seguen empeñados en criminalizar por descargalas de Internet.
O último exemplo foi unha sentenza dun xulgado de Badajoz , na que quedou sen cargos un internauta que copiaba música, películas e videoxogos, ao non demostrarse que cobrase por eles. A maxistrada ademais condenou a pagar as costas do xuízo á parte da acusación, a Asociación Española de Empresas de Software de Entretenimiento, cualificando a súa actuación de temeridad por seguir adiante cando as probas indicaban que non había delito. Lembremos con todo que, aínda que non sexa un delito, baixo algunhas circunstancias podería ser considerado un ilícito civil.
|
|
|
|