Superficie do parque Empresarial de Porto do Molle
O goberno de Nigrán remitiu á Consellería de Política Territorial unha proposta alternativa de ligazón da autoestrada co futuro parque empresarial e de servizos de Porto do Molle que non prexudica os intereses xerais do Concello.
A proposta orixinal contempla que este tramo atravese unha ampla zona verde que tería que ceder o concello sen recibir ningunha compensación a cambio.