Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Axenda arrow Movemento veciñal
Movemento veciñal PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 02-11-2007

Visitas : 782


ImageA anotación no día de onte sobre o lixo derivou nos comentarios cara outro tema digno de opinión. Congratulámonos de que os visitantes de Baiona Consciente fagan que o noso bloge cobre vida e xa camiñe soa. É por iso que hoxe imos falar do movemento veciñal en Baiona. Nun concello como o de Vigo, o movemento veciñal pón e quita Alcaldes e non só é un axente influenciador da vida política, é un caldo de cultivo de onde saen moitos políticos.

Todos os partidos políticos o saben e tentan unha relación cordial con eles, porque unha confrontación directa supón unha debacle electoral.

En Baiona a situación poderíase decir que é á inversa. Hai colectivos que funcionan para gabar aos gobernantes, a ver se así tiran algo para a súa parroquia. Como os polñiticos saben deste comportamento, premian aos colectivos afíns e desprezan aos críticos. Polo ben do noso concello, esta situación debería mudar. O asociacionismo é a pedra fundamental da democracia participativa, pero aos partidos políticos non lles interesa ter máis oposición da que xa teñen entre eles.

Así, o núcleo urbano de Baiona non ten nin unha soa asociación veciñal. O Casco Vello, que debería ser o símbolo de Baiona dentro e fora das súas fronteiras, non ten voz propia. Covaterreña e San Antón son máis populosas que algunha outra parroquia. O resto do centro urbán de Baiona, a zona máis urbanizada de todo o concello, tampouco ofrece mostras dalgunha actividade asosiativa. Santa María de Baiona é a parroquia más poboada do concello e Sabarís a segunda. Curiosamente ambas están nestes momentos fora do movemento veciñal, por distintas razóns.

A A. VV. Castro e Ladeira funcionou ben hai un par de anos, logo a directiva decidiu abandoar e deixar toto o traballo empantanado. O seu Presidente era Roberto Valverde, agora responsable local do BNG. No comentario que deixou onte espuxo que acabaron o seu mandato e non quixeron seguir, non habendo relevo. Non valoramos os motivos desa non renovación dunha directiva que o estaba a facer ben. Non semella que sexa porque os veciños non respalden o traballo realizado, porque non se presentou candidatura alternativa. O caso é que moitos veciós expresaron o seu malestar por esta actitude de abandono dunha asociación cunha vagaxe considerable. Quizáis as riadas ou a incorporación do Presidente á vida política activa poideran ter algo que ver.

No resto das parroquias, as asocacións veciñais quedan ás veces oscurecidas polas Comunidades de Montes, debido á maior capacidade económica destas últimas. Baredo, Belesar e Baiña teñen esta duplicidade de colectivos, ainda que nalgúns casos AA.VV e CC.MM van da man para traer o ben para a súa parroquia. Desta colaboración danse paradoxas tales coma que a Comunidade de Montes sufrague infraestructuras en lugar de esixilas ao Concello.

Queda un longo camiño de normalidade democrática a nivel veciñal e de asociacionismo, pero sen axuda difícilmente se poderá mudar algo. O Goberno Municipal debería comandar esta normalidade ou mesmo algún dos partidos da oposición. O problema sería que se se produxese algunha das dúas circunstancias, os do outro bando falarçian de “instrumentalización dos veciños”. É o malo da política, é imprescindible pero mancha alá por onde pasa.

 

Máis acerca de Baiona Consciente




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa