| Escrito por Redaccion,
o 02-11-2007
|
Visitas : 879 |
 Na súa teima por informar á sociedade civil, a asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba organiza otra exposición informativa esta fin de semán na parroquia tomiñesa de Barrantes.
Despois de reunir xa cerca dun centenar de persoas a semán pasada en Torroña, o colectivo espera espertar o mesmo interese entre os veciños e veciñas de Barrantes. A cita será no Pavillón da parroquia mañá sábado a partir das 20.30 horas.
|
|
|
|