Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow SOS Groba reuniuse cos veciños de Barrantes.
SOS Groba reuniuse cos veciños de Barrantes. PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 05-11-2007

Visitas : 897


ImageA asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba reuniuse o sábado 3 de novembro cos veciños e veciñas de Barrantes no pavillón de deportes. A comunidade de montes desta parroquia tomiñesa opúxose á instalación dos aeroxeradores dende que se fixo público o proxecto de Eurovento presentando varias alegacións.
Entre outras cousas, os comuneiros alegaron que o Proxecto resultaba incompleto, impreciso e que non recollía con exactitude as servidumes de paso, nin as afectacións, nin tampouco o impacto paisaxístico e patrimonial que se produciría. 
 
Os asistentes seguiron con moito interese a presentación do presidente da asociación, Xosé Lois Vilar Pedreira, quen, co apoio dunha presentación fotográfica, subliñou o grave impacto ambiental que suporía a construción das infrastruturas necesarias á instalación do parque eólico.
 
Destacando a riqueza do patrimonio cultural co que conta Barrantes, SOS A Serra da Groba informou das numerosas axudas autonómicas e europeas ás que podería optar esta comunidade de montes incluída no PRODER do Baixo Miño. 
 
O aproveitamento e a musealización do patrimonio coma fonte dun turismo desestacionalizado son unha das alternativas ao parque eólico que ofrece a asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba a todas as comunidades afectadas.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

MENOS MAL QUE NOS QUEDA...

Escrito por: AXOUXERE (Invitado) o 05-11-2007

MENOS MAL QUE NOS QUEDA...

Escrito por: AXOUXERE (Invitado ) o 05-11-2007

Moita forza e moitos parabens para SOS A serra da Groba. O traballo de informción é vital para un pobo que quere ser culto e dono do seu. Niste caso, é moi loable e digno de gabar o traballo que etan a facer. Reitero, parabens e a seguir.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?