| Escrito por N. Pillado - Faro de Vigo,
o 07-11-2007
|
Visitas : 423 |
 Os edificios públicos non se libran dos ataques dos amigos do alleo, polo menos en Gondomar. O centro social do municipio, que alberga un cíber gratuíto e un viveiro de empresas, rexistrou tres roubos en tan só unha semana.
Cinco computadores e unha impresora de gran capacidade compón o botín dos delincuentes que entraron no inmoble de madrugada nas tres ocasións. O goberno municipal cifra en preto de 6.000 euros o valor do material informático perdido, ademais dos danos nas fiestras e a porta do centro. Continúa en Faro de Vigo
|
|
|
|