Os alumnos do colexio Neira Vilas de Gondomar aprenden a distinguir as diferentes clases de herbas aromáticas que se dan na comarca do Val Miñor grazas ao proxecto Voz Natura da Fundación Santiago Rei Fernández -Latorre.
Os 180 nenos que están matriculados neste centro público participan activamente neste programa que desenvolven dentro do propio recinto escolar.