| Escrito por Redaccion,
o 07-11-2007
|
Visitas : 634 |
Organizado pola concellaría de Benestar Social do concello de Nigrán a través do Servizo de atención ó inmigrante e retornado, e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e asuntos Sociais e a Xunta de Galicia, convócase o I CONCURSO DE RELATOS CURTOS baixo o título “Amig@ inmigrante…”. Este concurso organízase coa finalidade de promover un achegamento a realidade das migracións, participando así, na conmemoración do Día Internacional do Inmigrante, 10 de decembro.
BASES DO CONCURSO:
I: Temática As obras deberán reflectir, en forma de relato, carta…, aquelas reflexións ou pensamentos que nos axuden a entender o significado da emigración, da inmigración, da chegada, do adeus, da acollida, do retorno. ..
II: Participantes O certame está aberto a tódalas persoas maiores de 15 anos.
III: Obras A modalidade de participación será un relato curto, escrito en lingua galega exclusivamente, debendo ser orixinal e inédito, puidiéndose presentar unicamente unha obra por autor. Os traballos presentaranse baixo un título e asinados con pseudónimo.
Presentaranse en formato papel tamaño DIN-A4 mecanografiado a dobre espazo e por unha soa cara, cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco. Non obstante, o Xurado poderá reconsiderar esta base se entendese que a temática ou desenvolvementeo lóxico do argumento o precisasen.
Os datos personais do autor ( nome e apelidos do autor, idade, enderezo, teléfono e e-mail), presentaranse xunto ó relato, nun sobre pechado, co mesmo título da obra e o pseudónimo no exterior, coa fin de garantir o anonimato da autoría ata que o Xurado proceda á selección dos relatos gañadores.
IV: Prazo e lugar de entrega O prazo de presentación dos relatos rematará o 27 de novembro de 2007. Os orixinais deberán enviarse ó Servizo de atención ó inmigrante e retornado do concello de Nigrán (Estrada pola Vía, 65. Panxón). Tfno: 986 38 30 81
V: Premios Otorgarase un premio de 300 euros para ó autor do mellor relato; outro de 200 euros para o finalista e un accésit de 100 euros.
A participación neste concurso implica a cesión, por parte do autor, dos dereitos da súa obra ó concello de Nigrán, polo que os orixinais quedarán en poder do concello, que se reserva o dereito á súa publicación, exposición, reprodución ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.
VI: Proceso de selección de gañadores O xurado estará presidido por Xulián Maure e integrado pola concelleira de Benestar Social, o concelleiro de Cultura e persoal do Servizo de atención ó inmigrante e retornado.
A valoración das obras realizarase conforme ós siguintes criterios: calidade do traballo, correspondencia coa temática da Certame e orixinalidade.
O fallo do xurado será inapelable e podería declarar deserto calquera dos premios da Certame.
VII: Publicación dos resultados O fallo do xurado darase a coñecer na páxina Web do Concello e se comunicará individualmente ós gañadores por teléfono e por correo postal.
VIII: Outras consideracións A participación neste certame supón a plena e total aceptación das presentes bases. O concello de Nigrán quedará eximido de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidera incurrir calquera dos participantes.
Toda cuestión ou dúbida que poida xurdir na súa interpretación será resolta polos membros do xurado.
De conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protecciónde Datos de Carácter Persoal, usted queda informado e acepta expresamente que os seus datos persoais serán incluidos no siguinte ficheiro titularidade do concello de Nigrán: Fichero denominado Concurso de Relatos Curtos. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, coa referencia Protección de Datos indicando o nome do ficheiro e o dereito que exercita.
|
|
|