| Escrito por Redaccion,
o 07-11-2007
|
Visitas : 931 |
A concellería de Cultura de Nigrán organiza unha conferencia sobre "A conservación da biodiversidade". A conservación da biodiversidade do planeta é un reto ineludible das sociedades do século do XXI, cando nos atopamos nunha encrucillada entre o desenvolvemento sostible e o deterioro do medio ambiente como o coñecemos.
Centro Antena Data: viernes 9 de novembro. Horario: 20.00 horas Teléfono de contacto: 647607869 Nesta charla falarase do que é a diversidade biolóxica, por qué dependemos da súa conservación e das accións que están en marcha para a súa preservación. O medio mariño e litoral, particularmente valioso e fráxil, permitirá descubrir as conexións entre biodiversidade e recursos económicos, a xestión do medio natural na práctica e a problemática da conservación do medio ambiente. Esta conferencia está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Nigrán e forma parte do Programa de Sensibilización que financia o Proxecto Proder II da Asociación de Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Vigo, que ten como prioridade a recuperación do Patrimonio Cultural e complementa a exposición “O medio costeiro e mariño de Nigrán. Onte e hoxe”. Ponente: Rafael Salvadores Biólogo ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. www.arcea.net
|
|
|
 |
|
|
|
|
|