| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 08-11-2007
|
Visitas : 389 |
 A.Martinez - La Voz As obras de ampliación do porto pesqueiro de Baiona sacaron á luz un xacemento arqueolóxico composto por miles de pezas que datan desde a época romana ata cubrir toda a historia marítima do municipio. Trátase dun dos achados máis interesantes dos últimos anos debido á gran cantidade de materiais que están sendo descubertos e polo seu excelente estado de conservación.
A investigación subacuática foi contratada pola empresa que se encarga de executar o proxecto para a prolongación do dique pesqueiro en 70 metros, cumprindo así un dos requisitos que foran estipulados pola Xunta no prego de condicións. Esta actuación é unha vella reivindicación do colectivo de pescadores.
|
|
|
|
canto non se perdería
Escrito por: Pinto (Invitado) o 08-11-2007