Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow A Consellaría de Innovación lanza un DVD con ferramentas informáticas libres, gratuítas e en galego
A Consellaría de Innovación lanza un DVD con ferramentas informáticas libres, gratuítas e en galego PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Eneas Freire, o 09-11-2007

Visitas : 622


A Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, presentou un DVD con ferramentas informáticas de Software Libre, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas da PEME galega.

dvd Mancomun
Cos programas contidos neste DVD calquera empresa disporá de aplicacións para manexar a súa contabilidade, xestionar os seus recursos, levar a súa comunicación interna e externa para, en definitiva, integrarse nun modelo empresarial baseado no coñecemento e as TIC cun custo cero e na nosa lingua.

Farase chegar este DVD á PEME e ás asociacións empresariais, cámaras de comercio e outros organismos intermedios co fin de dar a coñecer as vantaxes do Software Libre empresarial. Helena Veiguela, Directora Xeral da DXPISI, presentou ao empresariado galego que implanta ou desenvolve solucións empresariais para a PEME este DVD que pretende servir como instrumento de divulgación entre o tecido industrial do país co fin de salvar o primeiro obstáculo co que se enfronta este tipo de tecnoloxía: o descoñecemento.

A tradución e selección das aplicacións do DVD foi coordinada por Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre. O encontro serviu para que a industria TIC galega participe no deseño das políticas de promoción do Software Libre para a xestión empresarial e achegase ideas para próximas versións do DVD.

 A xornada conta coa participación de AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) e da Escola Técnica Superior de Informática de Ourense que conta cun grupo de traballo sobre Software Libre e PEME. Este tipo de programas de xestión empresarial supoñen unha enorme oportunidade de negocio para as empresas tecnolóxicas galegas de desenvolver unha industria informática baseada nos servizos e nos produtos informáticos propios. Mancomun.org seguirá coordinando a tradución e difusión de Software Libre que satisfaga a demanda tecnolóxica da PEME. Fonte: mancomun.org




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa