Este sábado 10 de novembro, a Mostra de Teatro de Gondomar continúa coa participacion da compañía Nut Teatro, que porá en escea a obra "Corpos disidentes".
Corpos Disidentes é un espectáculo multidisciplinar que mestura diferentes código coma a danza, a performance, a instalación ou o audiovisual co teatro. Nel abórdase a identidade como concepto, dende unha perspectiva en feminino, partindo da consideración do corpo como realidade obsoleta e da(s) identidad(es) como construcción(s) socio-simbólica(s).
A multiplicidade da identidade, unida á súa construcción, reconstrucción e deconstrucción marcan o espazo que existe entre esta e o seu corpo. Propónse ao espectador unha viaxe a través das fisuras do visíbel e a posibilidade de instalarse nunha realidade que non se ve, pero que, non por isto, é menos real.
Nun mundo tecnolóxico no que somos fundidos de máquina e organismo, no que cada vez somos menos corpo e máis virtualidade, próteses ou códigos numéricos e no que os virus informáticos, a sida ou o terrorismo marcan novas pautas (trans)políticas, a identidade descomprémese polimorfa.
- Xénero: Contemporaneo
- Duración: 1 hora
- Público preferente: adulto
- No Auditorio Lois Tobío, ás 22: 30 h
- Entrada: 3 euros
- Venda: en taquilla
- Máis info no teléfono: 986 363 913
- Organiza a Concellería de Cultura de Gondomar e o IGAEM
www.nutteatro.es