Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo arrow Veciños denuncian os continuos verquidos na Foz
Veciños denuncian os continuos verquidos na Foz PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 11-11-2007

Visitas : 1564


Novos verquidos de augas fecias e deterxente.
Novos verquidos de augas fecias e deterxente.
Varios veciños de Sabarís denun SEPRONA os continuos verquidos que padece o LIC da Ramallosa que forma parte da Rede Natura 2000. Alertan de que non se están tomando medidas pese á investigación aberta pola Fiscalía do TSXG.

Pese que o concello de Baiona, anunciara as novas medidas para frear a contaminación na bahía , o esteiro da Foz segue a ser un lugar abandoado en iniciativas medioambientais pese á contradición de que debería ser o lugar máis protexido da comarca, dada a súa catalogación e a fraxilidade do seu ecosistema que obriga directamente aos concellos a preservala. Así mesmo este lugar é a fonte de traballo do grupo de mariscadoras da comarca, un lugar de marisqueo que xa leva dous anos pechado por mor da contaminación.

Alertados por este novo verquido, varios veciños avisaron á policía local e mesmo á Garda Civil (SEPRONA) ao redor dás dúas da tarde. Segundo informaron os denunciantes, Sabarís espertou novamente cun forte cheiro a augas fecais procedentes dos emisarios e canalizacións ilegais que seguen vertendo ao esteiro afectando e agravando o problema da contaminación que padece a paraxe natural.

Unha das bifurcacións do río Groba esparcía por toda a marisma un regueiro de augas fecais que flotaban ao redor do paseo marítimo ante a expectación dos transeuntes.

Por outra banda, preto da ponte, unha das canalización supostamente de augas pluviais, verquía un líquido branco que segundo estes veciños parecía ser restos de auga con xabón ou deterxente. Os veciños aseguran que "os verquidos prodúcense case que a diario, sen que ninguén tome cartas no asunto".

Argumentan que xa non é a primeira vez que denuncian os feitos e seguen asistindo pasmados "día tras día ao forte cheiro a merda que inunda as rúas interiores de Sabarís, provintes da rede de alcantarillado" e aseguran "que sempre se da a casualidade que cando en Sabarís cheira mal, na Foz hai verquidos flotando de augas fecais".

Estes veciños aseguraron estar "indignados, de ter que ler na prensa ao alcalde, o concellal de medio ambiente e ao presidente da cofradía Ramón Costas, inaugurar unha estación de bombeo e dicir que o problema da contaminación que produce Baiona está resolto para que se retire a investigación iniciada contra o concello pola fiscalía ".

 

 

 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

lamentable

Escrito por: Pinto (Invitado) o 12-11-2007

lamentable

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 12-11-2007

é lamentable. Vergoñento. Un concello de execelencia turística non pode permitir semellante atrocidade ao medio. E menos en plena Rede Natura 2000. 
É de xulgado de garda.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

O conceto de Limpio

Escrito por: Xanval (Invitado) o 11-11-2007

O conceto de Limpio

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 11-11-2007

O conceto de limpo ten que cambiar. De sempre se comentou que habia xente que escondia o lixo debaixo d'os tapetes, que barria pra fora, que sacudia as basoiras pol'as fiestras,..... 
A xente limpa pra co lixo non se vexa no seu arredor e botao fora da vista e asi entende a limpieza. 
Agora falamos que todo e noso, os montes, os rios, os camiños, o aire,.... e ha de ser asi., e se he asi non debenos levar a merda dun sitio pra otro.Hay que ser consecuentes e ser mais respetuosos c'ô noso entorno. 
A ningen se lle ocurre tirar un papel, unha "colilla", unha bolsa,... dentros da sua casa ou do seu eido. Pois si o resto do ambito tamben e teu ou participas dil, por favor, repetao.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.