Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 08/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow SOS Courel inicia unha campaña en referencia a nova lei mineiría de Galicia
SOS Courel inicia unha campaña en referencia a nova lei mineiría de Galicia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 12-11-2007

Visitas : 393


ImageSOS Courel adíantase ao próximo debate no Parlamento de Galicia sobre o   “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia ” para que os ciber activistas escriban ao departamento de participación cidadá do Parlamento de Galicia e envien o manifesto en contra dalgúns dos puntos da citada lei.

Un proxecto no que foron presentadas as seguintes enmendas por parte de PPdeG, PSdeG e BNG (Páxina 4 e seguintes ). 

SOS Courel alerta de que este proxecto de Lei vai facilitar a tramitación de novas minas, así como a posibilidade de implantar actividades extractivas en en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc);

Por estes motivos SOS Courel invita aos cibernautas a que envíen copia da seguinte carta á sección que ofrece o Parlamento de Galicia para a Participación Cidadá :

 

 

.........................................................................................................

 

Á Presidenta do Parlamento de Galicia

Mesa do Parlamento

 

 

Despois de entregar as máis de 21000 sinaturas  en defensa do Courel, dirixidas ao Presidente da Xunta, co encargo de que se lle enviara copia á Presidenta do Parlamento de Galicia, exercemos o noso dereito a lexislar con Vós, no referente ao “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia” que deixa á “intemperie” todos os espazos naturais da Galiza e ímolo demostrar paso a paso:

a.- A Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, vai ser a primeira lei autonómica de todo o Estado nesta materia e non é como din, para regularizar as explotacións clandestinas existentes, xa que a “máis iposible” de todas, “La Campa_Santa Eufemia”, xa foi autorizada dun “golpe” o 21 de xuño de 2007.


b.- O verdadeiro motivo desta Lei é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o “asalto” de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas.

Por iso, con esas miras futuras, deixase que siga o trámite das de momento, 54 novas canteiras no Courel, en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais. Esta “multitramitación de actividades extractivas” cargadas de “expropiación forzosa”, xa se vai ocupando de ir despoboando o territorio e de disuadir da implantación das actividades económicas alternativas necesarias para o mantemento do patrimonio cultural e natural.

c.- Xa a Lei do Solo, 9/2002, na súa disposición transitoria nº 12 consinte para o futuro e di: “.....A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc) non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 10/1995)  ........”

d.- Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de Galicia” que se corresponde co “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.

 e.- As garantías ambientais do “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia” estableceranse por medio de unha avaliación ambiental “a carta”, o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para saltarse a Lei do Solo.

 

f.- Así, o único obstáculo ambiental que queda, intentouse eliminar polo artigo 39, punto 4, deste proxecto de Lei, onde o Consello da Xunta, do 21 de xuño de 2007 (o mesmo día que se autorizou a “CE La Campa”) “colou” un apartado polo que “as actividades extractivas” poderían “saltarse” o vixente Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (RAMINP), e sería substituído por  unha “avaliación ambiental”. Evidentemente este apartado terá que retirarse da Lei que se aprobe no Parlamento, a menos que queiran contradicir a normativa estatal.

 

g.- Introdúcese tamén neste proxecto de Lei, a declaración de “concellos mineiros”, tal e como se  prevé no artigo 46, por o que a minaría pasaría, a maiores do interese público, a ter tamén interese social nestes concellos. Según este artigo, Folgoso do Courel, con máis do 90% do seu territorio en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais, sería declarado “concello mineiro”.

 

h.- Por todo o anteriormente exposto e para evitar a inseguridade xurídica e de futuro esiximos ao Parlamento de Galicia que se incorpore á esta Lei de Ordenación da Minaría de Galicia a prohibición de tramitar concesións e instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e outros espazos naturais, no senso en que obriga a Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que no último parágrafo do seu artigo 6, di:

 

 “No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente se poderán  alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeiro orde.”

 

Ante a grave desfeita do Courel, un dos espazos de maior biodiversidade e xeodiversidade da Europa, ateigado de hábitats naturais prioritarios e de especies prioritarias, e polo tanto de máximo interese científico-educativo, natural e cultural, valores protexidos expresamente na Constitución do Estado polos artigos 44, 45 e 46; onde a maiores, estase a incumprir gravemente a Normativa Comunitaria que obriga a todos os estados membros; é de esperar que sexa o Parlamento da Galiza o que tome a dianteira na defensa destes territorios e valores tan próximos.

 

Outono de  2007

                                       

.................................................................................................. 

Declaración de Parque Natural para o Courel.

Según as últimas manifestacións publicas da Xunta, o goberno galego non vai intentar levar a diante a declaración de parque natural para o Courel nesta lexislatura. A xunta dase un prazo dez anos para a declaración, algo que según SOS Corel supón "actuar tarde, para cando o Courel estea xa arrasado e non queden ninguén para denuncialo."

Por iso manifestan que  deben seguir coa loita social e xudicial. Nesta última liña SOS Courel presentou xa dous recursos contencioso adminsitrativos. Un contra a autorización autonómica e outro contra a licenza municipal outorgadas á CE LA CAMPA, empresa explotadora de pedra na zona.

SOS Courel adianta un segundo recurso contra a licenza de apertura cando sexa concedida. 

 

Maís información sobre SOS GROBA

Aportacións económicas de axuda á plataforma SOS Courel pódense facer dende:
Verdegaia
Amigos da Terra

 

Ver vídeo sobre o Courel 

 

Todos os artigos do Courel na Rede http://firgoa.usc.es/drupal/node/36333
 Enlaces con fotos do Courel: http://fotossoscourel.blogspot.com http://soscourelsos.blogspot.com/




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa