| Escrito por Eneas Freire,
o 13-11-2007
|
Visitas : 754 |
 A semán pasada Google presentaba Android, a súa plataforma para móbiles e prometía que durante esta lanzaría o SDK. Pois xa o temos aquí , xunto a uns cantos vídeos que demostran as posibilidades da plataforma.
Trátase dunha plataforma baseada en Linux cunha máquina virtual Java, linguaxe no que se programarán as aplicacións, e unha serie de librerías para acceder a todas as funcións do teléfono.
No vídeo podemos ver como Android funciona tanto con teléfonos con pantallas de reducido tamaño e con teclado como con pantallas táctiles. Iso si, os modelos que alí aparecen só son probas preliminares e non será ata a segunda metade de 2008 cando se poñerán á venda os primeiros modelos desta plataforma.
|
|
|
|