O sesenta por cento dos edificios antigos sufriron modificacións.
O 43 por cento das vivendas da zona vella de Baiona atópanse deshabitadas. A cifra reflexa a perda da vocación residencial do conxunto histórico baionés.
A calidade de vida na parte antiga da vila diminuíu durante as últimas décadas.Moitas edificacións degradáronse co paso do tempo e o ruído que xera a movida nocturna durante a época estival convertérono nun lugar pouco apetecible para vivir.
Prodúcese unha interesante contradicción en Baiona. Cáseque a metade das vivendas do Casco Vello están deshabitadas e a maioría da mocidade baionesa ten que sair do seu pobo porque non pode permitirse mercar e mesmo alugar unha vivenda.
A solución é fácil, só hai que facilitar os medios para rehabilitar esas vivendas e ofrecelas a prezo tasado.
Contradicción
Escrito por: xosemarcote (Invitado) o 17-11-2007