Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 09/10
Portada arrow Especiais arrow SOS Groba rexeita as afirmacións de Latino Rodríguez sobre o consenso dos comuneiros
SOS Groba rexeita as afirmacións de Latino Rodríguez sobre o consenso dos comuneiros PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
Escrito por Redaccion   
Mércores, 14 de Novembro do 2007
SOS GRoba reuniu en Baiña a medio centear de persoas
SOS GRoba reuniu en Baiña a medio centear de persoas
Despois das declaracións do presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor publicadas no Faro de Vigo, SOS A Serra da Groba manifesta seguir con máis ánimo e vontade a súa labor informativa. SOS Groba manifestou non compartir as verbas de Latino Rodríguez, presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor, asegurando que alguns mesmos da propia asociación son comuneiros do Val Miñor e afirman non ter coñecemento da asamblea na que a mancomunidade respaldou a desición das comunidades de montes afectadas polos muiños de vento.
SOS Groba, que comeza todas as súas charlas posicionándose a favor das enerxías renovables e limpas e mostrando o seu respecto á figura das comunidades de montes, defendeuse das acusacións de falta de respecto publicadas a semana pasada no Faro de Vigo.
 
O pasado sábado, no salón de actos da Casa Cultural de Baíña, SOS Groba volveu comprobar a desinformación dos veciños e veciñas que decoñecen as verdadeiras características e consecuencias do proxecto do parque eólico Albariño I. Desta vez houbo case medio centenar de persoas, entre as que asistiron algúns directivos da comunidade de montes desta parroquia baionesa



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >