Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow A guerra dos botóns
A guerra dos botóns PDF Imprimir Correo-e
(12 votos)
 

Escrito por Carlos Méixome, o 14-11-2007

Visitas : 1254


La guerre des boutons.
La guerre des boutons.
Nos seus últimos anos de vida, meu tío-avó Nilo gustaba de lembrar andanzas xuvenís. Recordaba as batallas a cantazos cos encarnizados inimigos da aldea veciña, os odiados rapaces e rapazas de Cancelas, que así se chamaba, e chama, o lugar. Narrábaas cun entusiasmo pouco disimulado. Lembraba como mexaban por riba das fillas da señorita cando pasaban polo fondo da congostra e como untaban cos excrementos que entre todos producían a caravilla da cancela que daba acceso á casa do cura.

A imaxe feliz do meu tío-avó relatando as súas porcallentas fazañas tróuxome ao maxín unha película que causou furor na miña ben afastada adolescencia.

Era “A guerra dos botóns”, un filme francés que a marabillosa enciclopedia que a penas ocupa espazo chamada internet me permitiu recuperar. Cóntolles o argumento. Todos os anos os eternos rivais  de Longeverne e Velrans retábanse nunha guerra de pedras e espadas de madeira. As tropas rivais estaban comandadas por Lebrac e por Aztec respectivamente. Os primeiros colleron prisioneiro a un inimigo e o xefe tivo a idea de arrincarlle os botóns da camisa e dos pantalóns. A grave humillación foi respondida polos contrarios e para evitar mofa e vergonza os dous exércitos remataron por pelexar nus.

O filme dirixido por Yves Robert en 1961 xuntaba todo o que os adolescentes daquela época desexabamos: unha cabana de madeira, unha dama a quen deslumbrar coa nosa ousadía  e unha boa batalla con espadas de madeira e tiracroios.

Tivemos daquela varias batallas memorables entre os da Estación e os da Ponte. Na última un brutiño levou un barrote de ferro a xeito de lanza dos que se empregaban para pechar os muros das casas e dificultar a entrada dos posibles ladróns e espichoulla a un inimigo nunha coxa provocándolle unha ferida de consideración. Foi aquela derradeira batalla o inicio dunha duradeira amizade entre moitos dos afoutos soldados dos dous exércitos tal e como pasaba no filme de referencia que remataba cun abrazo entre os dous lideres castigados nun reformatorio.

Sempre pensei que a historia estaba orixinariamente ambientada na Francia que emerxía da miseria posbélica pero agora souben, grazas a internet, que o filme está baseado nunha novela de Louis Pergaud publicada nada menos que en 1912.

O que non tiñamos na altura era móbiles con vídeo, nin sen el, nin youtube no que colgalos, nin medios de comunicación ávidos de morbo para encher páxinas ou minutos e xa que logo que as nosas fazañas se coñecesen en Boiro, Nigrán ou Tomiño. Xa sei que estes comportamentos compre corrixilos pero non coa hipocrisía de “é que esta xuventude de agora”. Máis ou menos como a de sempre, só que con móbil e play.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

cineclube

Escrito por: Pinto (Invitado) o 16-11-2007

cineclube

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 16-11-2007

É unha lástima que o cine clube latino non estea en marchar para proxectar estas películas, que de seguro volver facer delicias de pequenos e mariores.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Cal consideras, é o punto máis feble do Val Miñor?