Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

02 12/08
Portada
Ruada galega no círculo social PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por A Peneira, o 14-11-2007

Visitas : 709


ImageO Círculo Social do Val Miñor organizou o pasado sábado 20 de outubro, o seu tradicional "Ruada Galega", na súa sede social de Rafaela 4840, da cidade autónoma de Bos Aires.

Foi unha magnífica "xuntanza galega", onde centos de persoas de todas as idades, e en particular moitos mozos da Colectividade participaron dunha festa co mellor de Galiza: a súa música, as súas danzas e súas comestas típicas.

Actuaron de maneira informal e absolutamente distendida, distintas agrupacións folkloricas galegas tradicionais: a Asociación Tui e Salceda; o Centro Galicia de Bos Aires; a Asociación Residentes de Mos; o Centro Arzuano Melidense; os "Vos Furafoles" da Sociedade Parroquial ; a Asociación Benéfica e Cultural de Partido de Corcubión e da Asociación Fillos de Zas, aos Grupos Infantil e de Gaitas do propio Circulo Val Miñor.

O ingreso foi libre e gratuíto e puidéronse degustar no surtido buffet atendido e preparado polos propios directivos e amigos do Círculo, entre outras delicias, os produtos dos Frigoríficos "O Bierzo" e "Riosma" que colaboraban con este encontro. A velada contou coa animación do mestre gaiteiro Daniel Pazos e dun convidado especial, o profesor de gaitas chegado desde Galiza, Oscar Ibañez.

Din que as velas arderon ata máis alá das 4 da madrugada...a alegría e a diversión venceu ao sono. Na imaxe, todos os gaiteiros e percusionistas soando como un gran banda galega.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >