Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

09 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow O derrubo do taller da escola de cerámica deixa a 50 alumnos sen local para a súa acividade.
O derrubo do taller da escola de cerámica deixa a 50 alumnos sen local para a súa acividade. PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 15-11-2007

Visitas : 487


Os alumnos solicitan unha ubicación definitiva depois de 25 anos de traslados
Os alumnos solicitan unha ubicación definitiva depois de 25 anos de traslados
Os alumnos e alumnas da escola de cerámica de Nigrán sinténse decepcionados polo peche inminente da escola pese ás promesas da concelleria de cultura ao comezo do curso, da solicitude dunha moratoria á Xunta que permitise a busca dunha ubicación definitiva à escola de taller de cerámica.

Consideran que as instalacions ofrecidas en Cotros resultan insuficientes e non están preparadas para poder realizar a súa actividade. Así mesmo aseguran que se lle prometeu que  ate que as novas instalacións no estivesen listas, non se produciría ese traslado. 

Por este motivo manifestaron o seu malestar cando estes días foi requerido o desaloxo da actual escola por mor a execución inminente da sentenza de derrubo, o que supón, segundo Emilia "unha falta de respeto para os alumnos dado que van perder, se non é todo, parte do curso de este ano; contando que tiñamos a promesa e a tranquilidade que poderíamos continuar a actividade sen problemas ate que se acondicionase un novo emprazamento."

Emilia aseguraba que na época de campaña electoral pasaron todas as agrupacións políticas polo taller mostrando interese pola situación inestable do taller dada a sentenza previsible de derrubo. Comenta Emilia, que "uns con máis atino e outros con menos, pero o certo é que nos prometeron a búsqueda dunha solución definitiva para a ctividade do taller de cerámica. "Neste senso lembraba as propias palabras do actual alclade na que prometera un espacio "como mínimo igual ou mellor que o actual.".

Consideran que o espazo ofrecido en Cotros non é igual ás instalacións actuais, e menos si ten que ser compartido por outra actividade como é a do IEM.

A escola taller actual ten una superficio de 240 m2, fronte aos 100 m2 da nova instalación en Cotros que sería a compartir.

Consideran que este cmabio supón un atraso de 20 anos, na loita por uns instalacións dignas para esta actividade que alguns non dudaron en sinalar que dado o desinterese "quizais non merezca este concello".

Concentración pacífica.

Os alumnos solicitan unha solución de finitiva despois de 25 anos de actividade. Unha búsqueda dunha solución "seria e sen confrontamentos". Por iso estes alumnos acudirán ás 12 do medio día ao concello de Nigrán para esixir de forma pacífica, unha mayor consideración de cara a traxectoria de este taller e o compromiso de buscar unha nova ubicación adecuada.

 

A ubicación errática da escola de cerámica 

A historia da escola de cerámica semella mesmo a historia dunha instalacion dunha actividade molesta. 

Acollidos inicialmente nas instalacions do antigo parbulario da Porqueira en Panxón xa fai vintecinco anos, votou a andar da man de Emilia Guimerans a iniciativa cultural mais antiga e pretixiosa da comarca do Val Miñor.

Interesados polo arte da barbotina e o torno veciños e nenos de todas as idades acudiron de aquela, à chamada desta nova actividade no concello, desprazándose dende parroquias como Camos, Priegue ou o Viso para acudir às clases de Emilia, pese a que a ubicación da escola na porqueira requeria dun segundo esforzo dado o emprazamento. 

Esforzo e gañas por aprender reunían anualmente a moitos expertos e interesados nas internacionalmente coñecidas xornadas de Rakú , unha técnica milenaria xaponesa para a elaboración de cerámica utilitaria. 

Depósito municipal de coches.
Depósito municipal de coches.
Fai uns anos, a AVV Monteferro de Panxón solicitou de a desafección do local e a ubicación da sede da asociación veciñal en ditas instalacións, polo que o taller foi reubicado na escola taller de artes e oficios na rúa Paradellas, destrás do IES Val Miñor. Para posteriormente pasar a ocupar fai 2 anos o actual taller, que segundo unha denuncia foi contruido en ordenanza 15, unha zona de afección por ser chan rústico protexido e que foi motivo dunha denuncia contra o ex rexedor Alfredo Millares e o ex-tenente alcalde Antonio Fernández.

A sentenza dictada obrigaba ao novo goberno local a derribar esta obra e restablecer a legalidade urbanística. Un feito que para os alumnos non deixa de ser paradóxico dado que precisamente fronte ao taller motivo da disputa, está emprazado o deposíto municipal de coches e de materiais de obra. Algo que consideran sí se podería considerar perxudicial para ese chan rústico de especial protección e que esta afectado pola misma ordenanza que o taller.

Web do taller. http://barbotina.blogspot.com/ 

 


 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 5 de 5 Comentarios

O link

Escrito por: mistertrufa (Invitado) o 22-12-2007

O link

Escrito por: mistertrufa (Invitado ) o 22-12-2007

Copia e pega este link na barra do teu navegador pra ver o comentario no foro : 
http://www.mistertrufa.net/ phpBB2/viewtopic.php?t=201

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Se me olvidaba.

Escrito por: mistertrufa (Invitado) o 22-12-2007

Se me olvidaba.

Escrito por: mistertrufa (Invitado ) o 22-12-2007

Arriba o rakù y que no nos hagan la reducciòn dare cuenta de esto en el foro.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

El punto de vista de un ex alumno

Escrito por: mistertrufa (Invitado) o 22-12-2007

El punto de vista de un ex alumno

Escrito por: mistertrufa (Invitado ) o 22-12-2007

Es indefendible la ilegalidad del taller en cuestiòn si no se mide por el mismo rasero la escombrera y el desguace de cohes que soy de los que opina que son màs agresivos a la zon a protegida que cualquier actividad que se pueda realizar en el taller, para algunos "galpon". Que podian haber buscado otras alternativas, puede. Lo que esta claro es que desde hace tiempo pàrece perseguido el taller de ceramica desde su primer emplazamiento en la Porqueira, Luego al lugar donde ahora estan los bomberos de ahi lo shicieròn meterse en el galpon este famoso como arreglo chapucero para deshacerse del bulto y quizas el peor error de la gente del taller fue no haber exigido màs y pedir un local de verdad, lo que si tenia este era muy buena iluminaciòn. Bueno a ver para donde los quieren mandar ahora, ya que el curso de ceramica es algo que tiene que continuar sea donde sea. De nuevo de mudanzas, es que es un cachondeo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

o frescode Antonio

Escrito por: pinto (Invitado) o 16-11-2007

o frescode Antonio

Escrito por: pinto (Invitado ) o 16-11-2007

xa me enterei de que antonio, o unico culpable da desfeita que padece nigran, ...por moito que diga un xuiz e un fiscal...de que se fixera ese taller ilegal. agora ponse do lado dos ofendidos cando el mesmo provocou esta situacion. a verdade è que se os da escola taller son tan apoliticos deberian obrigarlle a antonio el fresco volver para o cunicho rastrero de onde saiu e non aceptar axuda del, porque si eles consideran que son cabeza de turco, esta claro que se estan deixando manipular polo mesmo home que fixo a ilegalidade. tirar a pedra e esconder a man. incrible isto da xustiza...resulta que o tipo segun o fiscal non se lle veu intencionalidade de cometer unha ilegalidade,pero a realidade é que outro xuiz dicta sentenza de derrubo por ser ilegal.en que quedamos?...Antonio onde está a escola obradoiro financiada con cartos da UE? que fixéchedes con ela? como se enteren en Bruxelas e che pidan contas, eses si que non se andan con chikitas.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

facéndolle o xogo ó Aire Fresco..... com

Escrito por: RAKÚ DE CÚ (Invitado) o 15-11-2007

facéndolle o xogo ó Aire Fresco..... com

Escrito por: RAKÚ DE CÚ (Invitado ) o 15-11-2007

Vergonzoso o espectáculo dado por aqueles que só lles preocupa a súa actividade, anteposta mesmo á legalidade e exixíndolle ós políticos que prevariquen para manter en pé un edificio ilegal. Xa lles gustaría poder compararse coas movilizacións fronte ó PXOM, que si demandaban o cumprimento da lei e do sentido común. Facerlle o xogo a Antoni Fdez, culpable da edificación ilegal que agora pide a legalización do inmoble, cousa absolutamente imposible despois da sentenza de derrube. Ou utilizar agora a A. VV. "Dunas" como coartada para lexitimar un delito do que él foi partícipe. Demencial ver a Antonio repartindo pasquíns entre os concentrados. 
A A. VV. nunca vai ser ferramenta de lexitimación de delitos e iso é o que tiñan que ter protestado os da escola de cerámica que ben correron a meterse dentro dun edificio ilegal sen rechistar. Se aman a escola de cerámica, as condicións dignas eran para demandar daquela. Unha escola de cerámica cun proxecto serio non se mete nun galpón ilegal. Pero mentres lles foi ben pasaron de todo e agora a le a protestar que é o que toca. 
DERRUBE DO GALPÓN ILEGAL XA!!!!!!!!!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 5 de 5 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?