Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Axenda arrow O IES Escolas Proval de Nigrán imparte clases de Educación Vial.
O IES Escolas Proval de Nigrán imparte clases de Educación Vial. PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 15-11-2007

Visitas : 503


ImageComo unha actividade complementaria, vense impartindo un curso de Educación Vial para os alumnos maiores de 16 anos dos cursos 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e os Ciclos Medios e Superiores de Electrónica e Administrativo.

A finalidade é que tódolos que están en idade de poder circular con algún tipo de vehículo, melloren os seus coñementos e tomen conciencia do perigo que supón pilotar calquera das máquinas que a sociedade actual pon nas súas mans. A experta en Seguridade Vial e Conducción Ana Barbero, está desenrolando un programa de sesións que terán o seu ecuador iste venres 16,  con unha clase práctica, na que perante a mañan estará nas instalacións do IES un vehiculo de competición, Ford Escor WRC,carrocería nº 93 dun total de 95 que hai no mundo,  de máxima cilindrada e preparación, que está participando no Campeonato de España de Rallyes pilotado por Toño Villar.

O obxectivo de ista clase práctica e comparar as diferenzas entre un vehiculo normal, dos que circulan por as estradas e un deportivo que só poden circular en circuitos pechados e en probas controladas. Facer notar a diferenza entre a conducción deportiva e a normativa,  que todos temos que facer para evitar accidentes e desgrazas.

Sabedores do tiron dos deportes de motor e a contradicción coas normas reais de circulación, e polo que se intenta achegar aos nosos alumnos iste programa que pretende concienciar aos conductores futuros da necesidade de ver e utilizar os vehículos como unha ferramenta ao noso servicio para transportarnos, e non outra cousa que, por desgraza, se está a converter en unha fonte de disgustos e nunha lacra para a nosa sociedade, con un índice de accidentes dos máis elevados da CEE.

Ás 12,20 do venres 16 de novembro, perante o segundo recreo tódolos alumnos poderán asistir as explicacións que istas dúas semanas se deron a cada  grupo, en varias sesións,  e que terán continuidade no mes de decembro nunha segunda parte do programa a desenrolar.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa