| Escrito por Redaccion,
o 15-11-2007
|
Visitas : 466 |
 Foto A.M. A Voz de Galicia O BNG de Baiona ven de comunicar a publicación da documentación referida ao estudo previo do Plan Especial de Conservación do Casco Histórico de Baiona (PEPCHAB) para que poida ser consultada por todos os cidadáns.
O BNG de Baiona comezou a empregar a rede logo das pasadas Eleccións Municipais, creendo na necesidade de ofrecer un medio alternativo para difundir as actuacións do grupo municipal no concello. A publicación da web está ligada tamén á publicación mensual dun boletín informativo, que tamén está dispoñible na súa web- A primeiros de ano esta actividade de difusión veráse reforzada pola presentación dun espazo web de seu, cumprindo así un obxectivo de difusión informativa que se marcou desde o Consello Local do BNG en Baiona. Para consultar a documentación é necesario acceder dende o seguinte enlace. Ligazón á web do BNG de Baiona
|
|
|
|