Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 10/08
Portada arrow Canais arrow Música arrow Verdegaia chama a participar no apagón contra o cambio climático
Verdegaia chama a participar no apagón contra o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 15-11-2007

Visitas : 523


O apagón "Fronte ao cambio climático: actúa xa" é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004.

 

De non comezarmos a reducir a nivel mundial as emisións de GEI, nos próximos 10-15 anos, é moi probable que aconteza un cambio climático de alcance catastrófico. A responsabilidade principal corresponde aos países máis desenvolvidos, aqueles que, como Galicia, presentan as emisións por habitante máis elevadas. O apagón de mañán pretende alertar sobre esta realidade, coincidindo coa reunión do Grupo de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC) que decorre en Valencia durante esta semana.

            Verdegaia chama a toda a cidadanía galega a participar activamente no apagón, como xeito de expresar a súa preocupación polo cambio climático e de demandar das institucións do noso país unha resposta política  á altura da  dimensión e da urxencia do desafío. Non pode demorarse máis o Plano Galego de Redución das Emisións de GEI, cuxa presentación ten sido sucesivamente atrasada pola Xunta, na última ocasión até comezos do 2008. Os eixos principais deste Plano deberían ser a redución drástica  das emisións das centrais térmicas, o aforro enerxético, as renovables e o potenciamento dos modos de transporte non motorizado e do tren en detrimento do coche e do camión.

            Aínda que é imprescindible o compromiso de toda a sociedade na loita contra o cambio climático, son os poderes públicos e as grandes empresas os que teñen maiores responsabilidades. Neste senso, é preciso salientar que, en 2004, tan só dúas empresas, as eléctricas ENDESA e UNIÓN FENOSA, foron responsables de máis dun 40 % das emisións de GEI desde Galicia. É que son estas empresas, con moita diferenza, os axentes que máis poderían contribuír a reducir as emisións galegas nestes momentos. Porén, a escasa eficacia ambiental do Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión 2005-2008, só ten conseguido que, entre 2004 e 2006, as emisións de dióxido de carbono (CO2)  das centrais térmicas das Pontes (ENDESA) e de Meirama  (UNIÓN FENOSA) diminuísen nun 16%, sendo un 30% superiores ás asignadas gratuitamente.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Novo disco Dakidarria

Enquisa