| Escrito por Eneas Freire,
o 15-11-2007
|
Visitas : 845 |
 Non é un redescuberto emperador romano, é un novo concepto de teclado. O de aquí arriba é unha demostración en vídeo do funcionamento do Optimus, cos dous modelos dispoñibles (cuxa única diferenza é a cor, en branco ou negro), e ambos funcionando.
Basease un tecliñas provistas de pantallas OLED nas que as súas imaxes son configurables, con multitude de posiblidades, dende asignar un icono de determinado programa a cada tecla para executalo, ou combinar cores. Pódese observar as transicións dun modo a outro, a viva cor das pantallitas CHEIRADE e a distribución de todas as teclas, bastante rara: por exemplo, a tecla de escape, situada na parte superior esquerda, é quizá demasiado grande, e as teclas de función F1, F2, F3,..., F12, están agrupadas de dous en dous, no canto de en grupos de catro. Por agora a cousa pinta interesante. ¿Pagar os máis de mil euros que vale este Optimus Maximus?. Pois moitos o pagarían.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|