Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Antonio Fernández propón legalizar a escola taller
Antonio Fernández propón legalizar a escola taller PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 16-11-2007

Visitas : 368


A.M. La Voz de Galicia
A.M. La Voz de Galicia
O portavoz de Unión Centrista de Nigrán, Antonio Fernández, propón nunha moción ao próximo pleno a modificación das normas urbanísticas para evitar a derriba e ceder parte do edificio á asociación de veciños Dunas de Nigrán.

Tanto Giráldez como o concelleiro de Urbanismo, o socialista Juan González, apuntan que o concello vai cumprir a orde de derriba porque se trata dunha construción ilegal. "Cambiar as normas sería moi inxusto para os veciños que se ven na obriga de derrubar obras ilegais nas súas propiedades", argumenta González. 

A Consellería de Política Territorial declarou ilegalizable o edificio da escola de cerámica que foi construído polo propio Concello nun solar non edificable xunto á nova sede da policía local de Nigrán.

Estas obras motivaron unha denuncia dos veciños da contorna e que o anterior rexedor, Alfredo Rodríguez Millares, o tenente alcalde Antonio Fernández e o concellal de vías e obras Jose Comesaña, tiveran que render contas ante os tribunais, a pesar de non estar xa vinculados co Concello de Nigrán.

A Consellería de Política Territorial deu orde o pasado verán ao concello de demoler o edificio ao tratarse dunha construción ilegal. O inmoble foi levantado nun terreo de protección forestal polo anterior equipo de goberno, encabezado polo popular Alfredo Rodríguez. A pesar de ver intencionalidade na infracción, a Fiscalía solicitou a pasada semana o sobresemento do ex alcalde e dos edís Antonio Fernández e José Comesaña, posto que non ve suficientes indicios do delito contra a ordenación do territorio polo que estaban imputados inicialmente.

Alegacións 

O anterior goberno local alegou que o edificio se construíu nun espazo protexido debido a un erro á hora de interpretar a ordenanza que se aplica no solar, xa que pensaron que se trataba dunha zona destinada á promoción de equipamentos públicos.

 

Falta de espazos públicos

A redución do espazo limita a actividade da escola, segundo os manifestantes. "En Cotros non nos caben dous fornos, oito tornos, varios fregaderos e andeis para case sesenta alumnos. Necesitamos unha sala para pintar cun compresor que precisa ventilación, así como un espazo para almacenar o barro e o material de elaboración dos esmaltes. Teñen que atopar unha localización máis adecuada", explicaban onte durante a protesta.


Pero o goberno local carece de máis alternativas ou de orzamento para construír unha nova nave. Giráldez asegura que a escola de Cotros é o único espazo público do que dispón e que os operarios traballan ás alancadas para que estea lista canto antes co fin de evitar que a escola de cerámica deixe de funcionar temporalmente. Así mesmo, recorda que outras escolas municipais como a de música ou a de pintura funcionan en locais públicos e privados prestados. 

Maís información La Voz de Galicia  Faro de Vigo




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Hai que ter cara

Escrito por: Pepe de Nigrán (Invitado) o 23-11-2007

Hai que ter cara

Escrito por: Pepe de Nigrán (Invitado ) o 23-11-2007

Hai que ter cara dura!, él fai a obra ilegal, é icumple as normas, a él chámanlle pseudocorrupto no xulgado e agora pide que "a súa obra" sexa indultada.... pensa que Nigrán vai seguir sendo para Antoñitos, Avelinos, Alfreditos... iso rematou e iso espero

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?